Ver máis...
Proxecto LIDERA.
O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
Pode atopar a información sobre a participación da Fundación Galicia Europa no proxecto LIDERA
aquí.
Proxecto EUROCIDADE_2020
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín é unha agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en España e Portugal que ten como misión xestionar de forma conxunta competencias locais co obxectivo de promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o seu territorio de actuación.
O proxecto Eurocidade 2020 é en esencia un proxecto de cooperación transfronteiriza (CT) ao ser liderado e permitir a realización do obxecto social dunha AECT: a Eurocidade Chaves-Verín.
Pretende fomentar o diálogo entre os diferentes axentes do territorio da Eurocidade e consolidar a CT entre eles mediante a promoción da súa participación nas accións do proxecto e preparar a Eurocidade Chaves-Verín para os desafíos post 2020 asegurando a sustentabilidade da AECT que a xestiona.
Persegue dar cumprimento, en proximidade, aos obxectivos da estratexia Europa 2020, potenciando o historial da CT como elemento xerador do crecemento intelixente, inclusivo e sustentable, a favor da mellora da calidade de vida dos seus cidadáns.
Todas as actuacións da AECT teñen como primeiros beneficiarios os cidadáns polo que o principal resultado esperado do proxecto é a melloría da calidade de vida dos cidadáns do espazo de cooperación (e da súa contorna máis próxima).
Preténdese alcanzar unha cidadanía máis activa e participativa na construción da Eurocidade e, consecuentemente, na construción da UE, un maior recoñecemento do apoio e importancia da UE no desenvolvemento local.
EUROCIDADE_2020 consolidará a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentable.
Pode atopar a información sobre a participación da Fundación Galicia Europa no proxecto Eurocidade 2020
aquí.