Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais

Este completo manual recolle a gran oferta formativa da que a mocidade dispón hoxe en día para a realización de prácticas profesionais. Os mozos e mozas atoparán desde as bolsas convocadas pola Fundación Galicia Europa, as consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas e privadas de prestixio, ou institucións da UE; ata aquelas ofrecidas por organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC ou o Banco Mundial. Tamén se inclúen as bolsas de cooperación internacional, con organismos como a AECID, a Cruz Vermella ou Intermon Oxfam, ademáis de bolsas destinadas á ensinanza de idiomas.

A FGE publicou a primeira edición desta guía en 2008, renovándoa en 2010, 2012, 2014 e 2015. 

Actualmente, a FGE conta cunha versión web da Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais, que é actualizada de maneira constante: 

http://guias.fundaciongaliciaeuropa.eu/




Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante