Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

Por quinto ano consecutivo, a Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios (consultar aquí a noticia relacionada). 

Tras a publicación da convocatoria o 22 de xuño de 2020 no DOGA,o prazo de presentación de solicitudes,  comezou o 23 de xaneiro e prolongouse ata o 22 de xullo de 2020 debido á paralización dos procedementos administrativos motivada polo estado da alarma

A solicitude das bolsas debe tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

O anuncio da convocatoria e un resumo do mesmo poden consultarse nos arquivos adxuntos.  Aconsellamos, igualmente, consultar a nota aclaratoria sobre a documentación necesaria que debe acompañar as solicitudes.  

As bases reguladoras, publicadas o 17 de decembro de 2018, poden consultarse aquí.

Tras a publicación das puntuacións definitivas das fases 1 e 2, o 30 de setembro do 2020, xa se encontra publicada a resolución de adxudicación na relación de documentos asociados desta mesma páxina. 

Última actualización: 1 de outubro de 2020


Documentos para descarga

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante