Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas para titulados superiores universitarios e en formación profesional en asuntos europeos

Aberta a convocatoria das bolsas en asuntos europeos da FGE 2020.jpg

O  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 20 de decembro de 2019 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa para o ano 2020 nas súas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas. 

O 28 de xaneiro de 2020 publicouse no DOG a convocatoria das cinco bolsas: tres para o seguimento das políticas comunitarias, unha bolsa para comunicación en asuntos europeos e outra para secretariado e apoio administrativo. 

Nas bases poden consultarse os requisitos para solicitar os tres tipos de bolsa, a documentación requerida e os criterios de adxudicación. As solicitudes unicamente poden presentarse en formato electrónico a través dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365.

Tras a publicación da convocatoria o pasado 28 de xaneiro, o prazo de solicitudes prolongouse ata o 28 de febreiro. O 3 de marzo publicouse a lista de admitidos e excluídos ao proceso de selección, á que se pode facer alegacións ata o 17 de marzo.

O 16 de marzo, debido á declaración do estado de alarma por mor da crise do coronavirus COVID-19, suspendéronse todos os procedementos das entidades do sector público. Por tanto, este procedemento de selección suspendeuse mentres duren as medidas preventivas adoptadas no sector público autonómico. Máis información 

Reanudación do procedemento

Segundo o establecido no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma, con efectos do 1 de xuño, reanúdase o cómputo dos prazos administrativos. Por tanto,  retómanse os dous días restantes do prazo de alegacións á lista provisional de admitidos ao proceso de selección.  

A  puntuación provisional dos méritos dos candidatos publicouse o 9 de xuño, dando de prazo tres días hábiles a contar dende mañá para presentar alegacións. O 17 de xuño publicouse a puntuación definitiva da valoración de méritos e convocouse á entrevista aos 18 preseleccionados para os días 29 e 30 de xuño. O 22 de xuño modificouse o anuncio para introducir un cambio no horario das entrevistas aos tres candidatos de FP. 


O 7 de xullo publicouse a lista de seleccionados e a lista de suplentes en caso de que algún  dos cinco seleccionados renuncie nos seguintes tres días hábiles. A fecha estimada de comezo de prácticas para os novos bolseiros é o 1 de setembro. 


Actualizado a 7 de xullo de 2020


Documentos para descarga

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante