Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios. 

A bolsa terá unha duración dun ano e desenvolverase na oficina da FGE en Bruxelas. Tamén existe a posibilidade de que a persoa seleccionada realice breves periodos formativos nas dependencias de GAIN en Santiago de Compostela. 

O obxectivo da bolsa é a adquisición de coñecementos prácticos sobre políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación, a identificación das convocatorias, e a participación nas reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en iniciativas de I+D+i. 

Tras a publicación da convocatoria o 30 de xaneiro de 2019, o prazo de presentación de solicitudes,  dun mes de duración, comeza o 31 de xaneiro e prolónganse ata o 28 de febreiro de 2019.

A solicitude das bolsas debe tramitarse a través do seguinte enlace.

As bases reguladoras e a convocatoria pódense consultar nos archivos adxuntos.

Aquí pode consultar a noticia sobre esta convocatoria. 


Documentos para descarga

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante