Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Por Orden no Diario Oficial de Galicia (DOG) autorizouse a 1 de decembro de 2017 á Fundación Galicia Europa unha nova convocatoria do seu programa de bolsas de formación en asuntos europeos. Convócanse un total de seis bolsas para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2018: cinco dirixidas a licenciados ou graduados e unha dirixida a técnicos superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á Dirección.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 29 de xaneiro de 2018. Tras cerrarse o prazo de inscrición, a comisión de avaliación nomeada levará a cabo un proceso simultáneo de selección consistente en dúas fases (valoración de méritos e entrevista).
Como novidade deste ano, as solicitudes
presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do
formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de
Galicia.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos
de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de
Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes
presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común,
utilizando o formulario normalizado dispoñible na
sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A información sobre o importe e financiamento da
bolsa pódese atopar aquí.
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2.asp?idSeccion=8
Este programa de bolsas ten por obxectivo achegar a realidade comunitaria a Galicia e mellorar as oportunidades de emprego dos mozos galegos.
Neste apartado pode consultarse toda a información
relativa ao proceso de selección.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante