Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i
Por Orden no Diario Oficial de Galicia (DOG) autorizouse a 21 de novembro de 2017 unha nova convocatoria para a formación en prácticas dirixida a titulados superiores universitarios co obxecto de formar á persoa seleccionada na xestión de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación nas oficinas da FGE en Bruxelas durante o ano 2018. Esta actividade formativa enmárcase dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 22 de decembro de 2017. Tras cerrarse o prazo de inscrición, a comisión de avaliación nomeada levará a cabo un proceso simultáneo de selección consistente en dúas fases (valoración de méritos e entrevista).
Como novidade deste ano,
as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (
https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal
A información sobre o importe e financiamento da bolsa pódese atopar
aquí.
O plan de formación desta bolsa consiste no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e inclúe a participación nas reunións das redes de cooperación rexional en que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIN (European Regions Research and Innovation Network) e Vanguard Initiative.
Neste apartado pode consultarse toda a información relativa ao proceso de selección.
Documentos para descarga
- 22 11 17 Anuncio de convocatoria da bolsa DOG GATamaño: 486,81kB, nº adjunto 1616
- 21 11 17 Orden e bases regulatorias da bolsa DOG GATamaño: 694,95kB, nº adjunto 1617
- 12 12 17 Comisión de valoraciónTamaño: 232,1kB, nº adjunto 1622
- 27 12 2017 Relación provisional de admitidos e excluídos.pdfTamaño: 123,86kB, nº adjunto 1623
- 12 01 2018 Relación definitiva de admitidos e excluídos. pdfTamaño: 110,49kB, nº adjunto 1626
- 15 01 2018 Acordos puntuacións fase I e chamamento entrevista.pdfTamaño: 174,56kB, nº adjunto 1627
- 18 01 2017 Corrección de erros.pdfTamaño: 33,73kB, nº adjunto 1629
- 25 01 2018 Acordo puntuacións fase II entrevista.pdfTamaño: 125,49kB, nº adjunto 1631
- 25 01 2018 Trámite de audiencia_.pdfTamaño: 213,71kB, nº adjunto 1632
- 09 02 2018 Resolución de adxudicación da bolsa.pdfTamaño: 88,88kB, nº adjunto 1635