Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Cómpre
destacar neste mes a visita do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas para
establecer un primeiro contacto con varios comisarios e tratar cuestións que
atanguen especificamente a Galicia como a programación dos fondos estruturais
14-20 e a defensa das artes de pesca
utilizadas en Galicia.
Este
mes tamén se celebrou a sesión plenaria constitutiva do novo mandato do Comité
das Rexións para os próximos cinco anos (2015-2020), no que se elixiu ao novo
presidente e vicepresidente, e renovaron os seus cargos os membros titular e
suplente de Galicia. Por último, co comezo deste novo mandato, Galicia
participou na primeira reunión da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos
Institucionais e Exteriores (CIVEX) onde se se apoiou a nova axenda internacional
de loita contra a pobreza con motivo do Ano Europeo de Desenvolvemento 2015.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante