Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Ciclo de encontros virtuais FGE | Next Generation Galicia
Primeiro baixo o nome de "Galicia na recuperación económica da UE" e agora baixo o nome "FGE | Next Generation Galicia", a FGE puxo en marcha, en setembro do 2020, un ciclo de encontros virtuais co obxectivo de explicar na Xunta de Galicia as estratexias políticas e programas de financiamento que a UE está a deseñar para a súa aplicación no novo período financeiro 21-27, así como as iniciativas de resposta á crise económica causada pola Covid-19. Neste momento, este foro é o espazo clave no que a Xunta e os organismos europeos poden debater sobre estas cuestións. Esta información inicial permite á Xunta orientar a súa estratexia de cara a atraer parte destes fondos europeos a proxectos galegos. Co cambio de nome, a FGE desexa dar resposta á súa designación como estrutura de apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación NextGenerationEU.
Nos encontros celebrados, directores e outros funcionarios de
case todos os departamentos da Xunta puideron escoitar da man de funcionarios
europeos unha explicación sobre temas como, o futuro Fondo de Transición Xusta, a nova
estratexia industrial da UE, a próxima xeración de fondos de política rexional, o instrumento temporal de recuperación
Next Generation EU e a Axenda Dixital Europea. En cada
encontro están a participar entre 20 e 30 representantes da Xunta, especialmente de
IGAPE, GAIN, Facenda, Augas de Galicia, Medio e Enerxía.
Estas
reunións permiten comprender mellor a axenda europea para a programación dos
fondos estruturais 21-27 en Galicia, así como para a preparación de bos
proxectos que permitan atraer parte dos 140.000
M€ que se prevé poida recibir España a cargo do Mecanismo de
Recuperación e Resiliencia (MRR), peza
central do instrumento de recuperación. Neste momento, é esencial ter unha
visión clara das distintas fontes de fondos que haberá dispoñibles para poder
deseñar bos proxectos que cumpran cos seus obxectivos. Desde a Comisión Europea
insisten na necesidade de asegurar unha adecuada complementariedade entre os
recursos do MRR, dos fondos de cohesión,
agricultura e pesca, e dos fondos propios.
Consulta toda a información sobre os econtros celebrados ata agora:
2020
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante