Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Entre 2010 e 2013 a Fundación Galicia Europa participou no proxecto Eco-innova, liderado polo Concello de Ourense. Cofinanciado polo Programa de Cooperación Transnacional da UE “Espacio Atlántico” 2007-2013, este proxecto tiña por obxectivo a creación dunha estrutura transnacional para informar e promover a eco-innovación entre as pemes das rexións participantes.
Xunto coa FGE e o Concello de Ourense, participaron neste proxecto: a axencia de desenvolvemento rexional ADRAT (Portugal); dúas incubadoras de empresas, ACIBTM (Portugal) e Bordeaux Productic (Francia); e a University of Glamorgan (Reino Unido).
O proxecto tiña unha duración inicial de 35 meses, entre 2010 e 2012, contando cun orzamento total de case 1,5 millóns de euros, dos que o 65% proviña do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Grazas a unha prórroga, o proxecto puido prolongarse ata mediados de 2013.
Máis información: Ficha do proxecto e descrición
Boletíns informativos do proxecto
Nº 1 - Novembro 2010
Nº 2 - Marzo 2011
Nº 3 - Maio 2011
Nº 4 - Setembro 2011
Nº 5 - Novembro 2011
Nº 6 - Marzo 2012
Nº 7 - Maio 2012
Nº 8 - Outubro 2012
Noticias relacionadas
05/06/2013 A Fundación Galicia Europa presenta o proxecto ECO-INNOVA ante os empresarios galegos
23/04/2013 A Fundación Galicia Europa presentará a TOOLBOX DE SERVIZOS do proxecto ECO INNOVA en Lugo
15/04/2013 A Fundación Galicia Europa favorece a internacionalización das pemes no marco ambiental
27/11/2012 A Fundación Galicia Europa participa no 13º Foro Europeo da Eco-innovación da Comisión Europea
07/08/2012 Eco-innova en el Espacio Atlántico
07/05/2012 Galicia avanza en Eco-innovación
21/03/2012 Crear Ecosistemas Empresariales a través de la innovación
13/06/2011 A FGE e os seus socios aproban unha estratexia de impulso á ecoinnovación06/07/2010 Comeza a andaina do proxecto europeo Eco-innova
Entre 2011 e 2015 a Fundación Galicia Europa formou parte do proxecto “Mozos Emprendedores da Eurorrexión: EMPRENDE”, cofinanciado polo programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. O proxecto tiña como obxectivo fomentar o emprendemento e facilitar o acceso ao emprego da mocidade de Galicia e do Norte de Portugal. Liderado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, en EMPRENDE participaron como socios, ademais da FGE, o Instituto Português da Juventude, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal.
Cun orzamento de máis de 700.000 € (cofinanciado ao 75% polo FEDER), EMPRENDE desenvolveu diferentes actividades de asesoramento e cooperación empresarial, apoio ás iniciativas xuvenís emprendedoras e potenciación do talento dos mozos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Noticias relacionadas
06/11/2014 Aberto o prazo de inscrición nas “II Xornadas da Xuventude Transfronteirizas”
21/10/2013 O proxecto Emprende realiza o encontro Punto Verde
02/10/2013 O Proxecto Emprende realiza unha xornada de COACHING CREATIVO
05/06/2013 O Proxecto EMPRENDE celebrará o ”Foro Abrindo Fronteiras de Cambio” en Pontevedra
18/04/2013 A Fundación Galicia Europa participará no 2º Foro de Innovación Xuventude e Emprendemento
06/08/2012 La Fundación Galicia Europa apuesta por el emprendedurismo
20/06/2012 A Fundación Galicia Europa participará na terceira edición de Emprega Talento en Vigo
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante