Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

PERICLES 2020

Programa en materia de intercambios, asistencia e formación para a protección do Euro contra a falsificación de moeda e os fraudes relacionados con ela.


HÉRCULES III

O programa Hércules III está dedicado á loita contra a fraude, a corrupción e calquera outra actividade ilegal que afecte aos intereses financeiros da UE, incluída a loita contra o contrabando e falsificación de tabaco. O programa axuda ás autoridades nacionais na súa loita contra as actividades ilegais transfronteirizas mediante o financiamento de apoio técnico e operativo e actividades de formación profesional.


FISCALIS 2020

Fiscalis 2020 pretende contribuír á loita contra a fraude fiscal, a evasión de impostos e a planificación fiscal agresiva, así como á aplicación da normativa da Unión en materia de fiscalidade, garantindo o intercambio de información, apoiando a cooperación administrativa e, cando sexa necesario e conveniente, mellorando a capacidade administrativa dos países participantes, co fin de contribuír a reducir a carga administrativa das administracións tributarias e os custos do cumprimento das obrigacións fiscais para os contribuíntes. Fiscalis 2020 sucede a Fiscalis 2013 (2008-2013), Fiscalis 2007 (2003-2007) e ao Fiscalis inicial (1998-2002).


ADUANA 2020

Aduana 2020 é o herdeiro do programa de formación de funcionarios de aduanas desenvolvido pola UE durante os períodos 1991-1995, 1996-2002, 2003-2007 e 2008-2013. O Programa apoiará o funcionamento e a modernización da Unión Aduaneira co obxecto de reforzar o mercado interior mediante a cooperación entre os países participantes, as súas autoridades aduaneiras e os seus funcionarios.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante