Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A Unión Europea dispón de liñas orzamentarias que apoian financeiramente os ámbitos onde actúa: investigación, saúde, protección ambiental, etc.

Estas liñas son accesibles mediante a presentación de propostas de proxectos, nas que se esixen determinados requisitos como que conten cun enfoque innovador ou que se prevexa a difusión dos resultados do proxecto, de xeito que outras organizacións poidan beneficiarse destas experiencias a nivel europeo.

En moitas convocatorias esíxese, ademais, a colaboración con outros socios europeos de cara a aumentar o intercambio de boas prácticas e reforzar o carácter trasnacional dos proxectos.

Apoio e participación das entidades galegas en proxectos europeos

A FGE comprométese nos seus obxectivos coa promoción da participación galega en proxectos europeos. A través das súas dúas oficinas, anima a participación de entidades galegas, con especial atención ás pemes e as entidades locais, nestes proxectos, prestando o seguinte apoio:

  • Asesoramento na presentación de propostas
  • Axuda na procuras de socios
  • Difusión dos resultados do proxecto
  • Posta a disposición das instalacións da oficina de Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos.

Dentro deste apartado web, recollénse os seguintes servizos para axudar ás entidades a desenvolver proxectos europeos:

A Fundación Galicia Europa ten publicado, ademais, diversas guías introductorias en papel que tamén poden consultarse en liña:

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante