Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

FONDO DE ASILO, MIGRACIÓN E INTEGRACIÓN

O Fondo de Asilo e Migración ten como obxectivo lograr unha xestión integrada dos fluxos migratorios en Europa e apoiar as accións que aborden todos os aspectos da migración na UE, incluídos o asilo, a migración legal, a integración e o retorno de nacionais de terceiros países en situación irregular.


FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Este programa apoia a aplicación da Estratexia de Seguridade Interior, buscando mellorar a cooperación policial, a vixilancia das fronteiras exteriores da Unión e a prevención da delincuencia.


XUSTIZA 2014

O Programa Xustiza contribúe a impulsar o desenvolvemento dun Espazo Europeo de Xustiza mediante o fomento da cooperación xudicial en materia civil e penal, substituíndo aos programas de acción neste ámbito que se desenvolveron durante o período 2007-2013. O Programa Xustiza é o sucesor dos programas Xustiza Civil (JCIV), Xustiza Penal (JPEN) e o Programa de Información e Prevención en materia de Drogas (DPIP).


DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

A Unión Europea fundaméntase en valores como a dignidade, a liberdade, a democracia, a igualdade, o Estado de Dereito e o respecto dos dereitos humanos. Os cidadáns europeos teñen, pois, dereito a desfrutar de todos estes valores e dereitos e, polo tanto, todos eles deben promoverse e respectarse. O presente programa estableceuse para facilitar e garantir a aplicación destes valores e dereitos.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante