Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN
PAGOS DIRECTOS AOS AGRICULTORES
A Política Agrícola Común (PAC) está dividida en dous piares: o Piar I creouse para xestionar os pagos das axudas directas aos agricultores, mentres que o Piar II céntrase no fomento do desenvolvemento rural. De maneira xeral, o sistema de pagos directos pretende asegurar un nivel de vida mínimo aos agricultores grazas ás axudas e subvencións para a produción e para o mantemento das terras en boas condicións.
FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER)
O FEADER financia o piar II da PAC co obxectivo de mellorar a competitividade dos sectores agrario e forestal, o medio ambiente e a xestión do espazo rural, así como a calidade de vida e a diversificación de actividades nas zonas rurais de toda a Unión Europea.
FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)
O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) é o fondo relativo ás políticas marítima e pesqueira da UE previsto para o período financeiro 2014-2020, que ofrece ao sector pesqueiro e ás comunidades costeiras financiamento para adaptarse ao cambio das condicións do sector e lograr que este sexa ecoloxicamente sostible.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante