Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Eurostars é un programa que apoia PEMES de investigación que desenvolven produtos, procesos e servizos innovadores para obter vantaxes competitivas. Faino mediante a provisión de fondos para proxectos transnacionais de innovación cuxos produtos son despois rapidamente comercializados.
Copernicus, anteriormente coñecido como o GMES (Vixilancia Mundial do Medio Ambiente e a Seguridade, nas súas siglas en inglés), é o novo nome do Programa Europeo de Observación e Vixilancia da Terra.
Galileo e EGNOS son os programas europeos de radionavegación e posicionamento por satélite, que dota á UE dunha tecnoloxía independente do GPS americano e do GLONASS ruso.
Programa Marco de Investigación e Innovación (2014-2020)
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante