Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
O programa Hércules III está dedicado á loita contra a fraude, a corrupción e calquera outra actividade ilegal que afecte aos intereses financeiros da UE, incluída a loita contra o contrabando e falsificación de tabaco. O programa axuda ás autoridades nacionais na súa loita contra as actividades ilegais transfronteirizas mediante o financiamento de apoio técnico e operativo, e actividades de formación profesional.
O Programa Xustiza contribuirá a impulsar o desenvolvemento dun Espazo Europeo de Xustiza mediante o fomento da cooperación xudicial en materia civil e penal, substituíndo aos programas de acción neste ámbito que se desenvolveron durante o período 2007-2013.
O Programa de Xustiza é o sucesor dos programas Xustiza Civil (JCIV), Xustiza Penal (JPEN) e Programa de Información e Prevención en materia de Drogas (DPIP).
PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA
Fomenta o desenvolvemento dunha sociedade civil europea asentada no respecto aos dereitos fundamentais e na loita contra a violencia e a intolerancia.
SEGURIDADE E DEFENSA DAS LIBERDADES: PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A DELINCUENCIA
Accións encamiñadas a velar pola seguridade dos cidadáns europeos a través da prevención e da loita contra os delitos.
Axuda aos Estados membros a emprender medidas no ámbito da prevención e protección dos cidadáns e das infraestruturas estratéxicas ante as ameazas terroristas e outros riscos.
SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA O RETORNO
Ofrece apoio a os Estados membros para que xestionen a política de retorno de cidadáns de forma integrada.
SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA REFUXIADOS
Apoia e fomenta os esforzos dos Estados membros co fin de acoller aos refuxiados e persoas desprazadas.
Facilitar a integración de nacionais de terceiros países con diversas orixes económicas, sociais, culturais, relixiosas, lingüísticas e étnicas que reúnan as condicións de residencia.
SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA AS FRONTEIRAS EXTERIORES
Contribúe a mellorar e coordinar a vixilancia sobre as fronteiras exteriores e a harmonización da política de visados.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante