Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)
Decisión nº 1692/96/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de xullo de 1996 sobre as orientacións comunitarias para o desenvolvemento da rede transeuropea de transporte, modificado pola Decisión n° 884/2004/CE do 29 de abril de 2004.
Período 2007-2013.
Contribuír á execución e desenvolvemento do mercado interno, así como reforzar a cohesión eocnómica e social a través da interconexión e interoperatibilidade das redes de transporte nacionais e do acceso a elas.
Redes de transporte por estrada, ferrocarril e por vías navegables.
Autoridades públicas e empresas privadas coa autorización das autoridades estatais responsables da infraestrutura viaria europea (transporte por estrada, ferroviaria, marítima e fluvial).
Non se require un número mínimo de socios aínda que boa parte das Redes Transeuropeas se centran nas conexións transfronteirizas polo que sería preciso o acordo das autoridades responsables das redes nacionais.
8.013 millones de euros para o período 2007-2013.
Non se trata dun programa clásico senón dunha liña de financiamento para grandes infraestruturas de transporte que consigan mellorar a integración das distintas redes nacionais.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante