Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

MEDIA 2007

Base Legal

Decisión nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa de apoio ó sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

Este programa ten tres finalidades:

  • a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;

  • b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;

  • c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Eidos de actuación

O programa divídese en cinco eidos de actuación:

  • Adquisición e perfeccionamento de competencias no eido audiovisual:

    • a) reforzar as competencias dos profesionais europeos do sector audiovisual nos ámbitos do desenvolvemento, a produción, a distribución e difusión e a promoción. O programa apoiará especialmente accións relativas ás técnicas de escritura de guións; á xestión económica, financeira e comercial da producción; á distribución e promoción das obras audiovisuais; á consideración das tecnoloxías dixitais para a produción, posprodución, distribución, comercialización e arquivo de programas audiovisuais europeos.

    • b) mellorar a dimensión europea das accións de formación audiovisual mediante unha axuda ao traballo en rede e á mobilidade dos axentes europeos da formación, en particular ás escolas de cinematografía europeas, aos institutos de formación e aos axentes do sector profesional, así como ao establecemento de accións de coordinación e de promoción.

    • c) permitir, mediante a concesión de bolsas, que os profesionais orixinarios dos Estados membros que se adheriron á Unión Europea con posterioridade ao 30 de abril de 2004 participen nas accións de formación.

  • Desenvolvemento de obras audiovisuais europeas:

    • a) apoiar o desenvolvemento de proxectos de produción destinados ao mercado europeo e internacional, presentados por empresas de produción independentes.

    • b) apoiar a elaboración de plans de financiamento para as empresas e os proxectos de producción europeos, en particular o financiamento de coproducións.

  • Distribución e difusión:

    • a) reforzar o sector da distribución europea alentando aos distribuidores a investir na coprodución, a adquisición e a promoción de películas europeas non nacionais e establecer estratexias coordinadas de comercialización.

    • b) mellorar a circulación das películas europeas non nacionais nos mercados europeo e internacional con medidas que fomenten a súa exportación, a súa distribución en todos os soportes e a súa programación en salas de cine.

    • c) promover a difusión transnacional das obras audiovisuais europeas producidas por empresas de produción independentes alentando a cooperación entre os difusores, produtores e distribuidores independentes.

    • d) favorecer a dixitalización das obras audiovisuais europeas e o desenvolvemento dun mercado dixital competitivo.

    • e) animar ás salas a que aproveiten as posibilidades que ofrece a distribución en formato dixital.
  • Promoción:

    • a) mellorar a circulación das obras audiovisuais europeas garantindo ao sector audiovisual europeo un acceso aos mercados profesionais europeos e internacionais.

    • b) mellorar o acceso do público europeo e internacional ás obras audiovisuais europeas.

    • c) favorecer accións comúns entre organismos nacionais de promoción de películas e programas audiovisuais.

    • d) favorecer accións de promoción do patrimonio cinematográfico e audiovisual europeo e a mellora do acceso do público a dito patrimonio tanto a nivel europeo como internacional.

  • Proxectos piloto:

    • a) para garantir a súa adaptación á evolución do mercado, poderase apoiar proxectos piloto destacando en especial a introdución e a utilización das tecnoloxías da información e comunicación. Para a aplicación deste punto, a Comisión será asesorada por grupos de consulta técnicos, formados por expertos designados polos Estados membros a proposta da Comisión.

      Destinatarios

      En función do tipo de acción, as convocatorias van destinadas a entidades que realicen actividades que contribúan á realización dos obxectivos do programa Media, como:

      • empresas europeas de produción independentes;
      • escolas de cine;
      • universidades;
      • centros de formación.

    • Para máis detalles sobre os beneficiarios véxase cada unha das convocatorias.

      Financiamento

      O programa conta con 755 millóns de euros para todo o período. As axudas por convocatoria non poderán ser superiores ao 50% do custo definitivo das operacións apoiadas, salvo en casos expresamente previstos nos que poderá chegar ao 75%.

      Enlaces de Interese

      Contacto

      Education, Audiovisual and Culture Agency (EACEA)
      BOUR 03/30
      Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
      1140 Bruxelles/Brussel
      BELGIQUE/BELGIË

      Jesús Hernández
      MEDIA Desk España
      Ciudad de la Imagen
      c/ Luis Buñuel, 2-2°A
      E - 28223 Pozuelo de Alarcón
      MADRID

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante