Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Base Legal

Decisión Nº 1719/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello pola que se establece o programa “A xuventude en acción” para o período 2007-2013.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

As finalidades do programa son:

  • Promover a cidadanía activa entre os mozos, especialmente, a cidadanía europea.

  • Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia dos mozos.

  • Favorecer o entendemento mutuo entre mozos de países diferentes.

  • Mellorar a calidade dos sistemas de apoio as actividades dos mozos e a reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no eido da xuventude.

  • Favorecer a cooperación europea no eido da xuventude.

As prioridades permanentes son:

  • Cidadanía europea: implicar aos mozos no proceso de construción europea e estimular a reflexión sobre a sociedade europea e os seus valores

  • Participación dos mozos na vida democrática.

  • Diversidade cultural: loita contra o racismo e a xenofobia.

  • Inclusión de mozos con menos oportunidades (procedentes dun medio desfavorecido ou con discapacidades).

Cómpre apuntar que cada ano, o programa marca unhas prioridades anuais concretas.

Eidos de actuación

Prevense 5 accións operativas para cumprir os obxectivos:

ACCIÓN 1- XUVENTUDE CON EUROPA (PROXECTOS DE MOBILIDADE)

  • Sub-acción 1.1 Intercambios de mozos
  • Sub-acción 1.2 Iniciativas no eido da xuventude
  • Sub-acción 1.3 Proxectos relacionados cos mozos e a democracia
  • Sub-acción 1.4 Redes temáticas

ACCIÓN 2 - SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO: participación nunha actividade voluntaria no estranxeiro

ACCIÓN 3- A XUVENTUDE NO MUNDO: fomentar a cooperación con terceiros países establecendo redes, realizando intercambios e actividades transfronteirizas

  • Sub-acción 3.1 Cooperación con países veciños socios da UE
  • Sub-acción 3.2 Cooperación con outros países socios: convocatorias anuais

ACCIÓN 4- SISTEMAS DE APOIO Á XUVENTUDE

  • Sub-acción 4.1 Apoio a organizacións activas a nivel europeo no eido da xuventude
  • Sub-acción 4.2 Formación e establecemento de redes dos profesionais que traballan coa xuventude e das organizacións xuvenís
  • Sub-acción 4.3 Acordo financeiro para diversas medidas
  • Sub-acción 4.4 Proxectos que promovan a innovación e a calidade (convocatorias anuais)
  • Sub-acción 4.5 Actividades de información dirixidas a mozos e traballadores no eido da xuventude e organizacións xuvenís
  • Sub-acción 4.6 Partenariados
  • Sub-acción 4.7 Apoio ás estructuras do Programa
  • Sub-acción 4.8 Valor engadido do Programa

ACCIÓN 5- COOPERACIÓN POLÍTICA EUROPEA NO EIDO DA XUVENTUDE: intercambio de boas prácticas e diálogo estruturado entre administracións a todos os niveis, políticos e mozos.

  • Sub-acción 5.1 Encontros de mozos e responsables de políticas de xuventude
  • Sub-acción 5.2 Apoio a actividades que xeren un mellor coñecemento no eido da xuventude
  • Sub-acción 5.3 Cooperación con organizacións internacionais

Destinatarios

Mozos/as de entre 13 e 30 anos ou de entre 15 e 28, segundo as convocatorias. Concédese unha atención especial aos mozos con menos oportunidades.

Socios

A maioría das convocatorias requiren un ou máis socios trasnacionais, xa sexa dos países participantes no programa (UE-27, EEE e Turquía), países veciños socios para as accións 2, 3.1 e 5.1 (do Leste e Sueste europeo e da ribeira mediterránea), e outros países socios para as accións 2 e 3.2).

Financiamento

Orzamento total do programa ascede aos 885 millóns de euros.

O financiamento depende da acción e sub-acción (pode chegar ao 100% do custo elixible).

Comentarios

Para as accións centralizadas (1.3, 3.1, 4.3 y 5.1), que son xestionadas directamente pola Comisión Europea, existen tres convocatorias ao ano que se pechan a principios de febreiro, xuño setembro. Outras accións son obxecto de convocatorias específicas.

Para as accións descentralizadas, que son xestionadas a nivel nacional, existen cinco convocatorias que se pechan a principios de febreiro, abril, xuño, setembro e novembro.

Enlaces de Interese

Contacto

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Youth Department
BOUR 01/01
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Información xeral: youth@ec.europa.eu; +32 2 29 97824

Helpdesk de Xuventude con Europa: youthhelpdesk@ec.europa.eu
Tel.: +32 2 29 68724

Helpdesk do SVE: volunteers@ec.europa.eu
Tel.: +32 2 29 68724

Axencia Nacional do Programa Xuventude en ESPAÑA
Instituto de la Juventud
c/ José Ortega y Gasset 71
E – 28006 Madrid
Tel: (34) 91 363 77 40
Fax: (34) 91 363 76 87
E-mail: eurespal@mtas.es, sve@mtas.es
Web: http://www.injuve.es/portal.portal.action

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante