Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013
Período 2007-2013.
Achegar Europa aos cidadáns e promover su participación no proceso de construción comunitaria. Este programa favorece os intercambios e a cooperación transnacional, de xeito que potencien o sentimento de pertenza europea e estimulen a integración.
As principais liñas do programa ”Europa cos cidadáns” son:
a) Cidadáns activos por Europa: fomenta o irmandamento de cidades e vilas, os intercambios entre cidadáns europeos, e o establecemento de redes de cooperación entre cidades.
b) Sociedade civil activa en Europa: dirixida especialmente a organizacións sociais ás que se proporcionan fondos para a realización de actividades que estimulen a participación cidadá.
c) Xuntos por Europa: inclúe actividades como a realización de estudos e análises sociais, así como campañas informativas e de sensibilización.
d) Memoria histórica activa europea: apoia proxectos de conservación de documentos ou lugares relacionados coas deportacións e vítimas do Holocausto e do Estalinismo.
Poden adscribirse a este programa administracións e organizacións locais, centros de investigación social, grupos de cidadáns ou asociacións civís, ONG, sindicatos, asociacións de voluntarios e organizacións de deportistas amateur.
Poden participar como socios entidades de países candidatos, do Espazo Económico Europeo e dos estados balcánicos, sempre e cando cumpran as disposicións legais e económicas requiridas pola UE.
O seu orzamento é de 215 millóns para todas as accións do programa.
A Axencia Executiva da Educación, Cultura e Audiovisual da Comisión Europea convoca este programa anualmente. As propostas deben enviarse directamente á axencia, quen recolle, avalía e decide os proxectos que serán financiados.
Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Citizenship
BOUR / BOU2*
Avenue du Bourget 1
BE-1140 Brussels
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante