Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
CULTURA
Período 2007-2013.
O obxectivo xeral do programa é contribuír a avanzar cara a un espazo cultural europeo común a través do desenvolvemento dunha maior cooperación cultural entre creadores, actores culturais e institucións culturais dos países participantes.
Os obxectivos específicos do programa son:
Os obxectivos do programa serán perseguidos a través da aplicación das seguintes medidas:
1. Apoio ás accións culturais:
Proxectos de cooperación plurianual: o Programa Cultura apoiará os proxectos de cooperación plurianual, cun mínimo de 6 socios e unha duración de entre 3 e 5 anos na súa fase inicial e de estruturación ou na súa fase de extensión xeográfica.
Accións de cooperación: o programa apoia accións de cooperación cultural de natureza sectorial ou transectorial entre un mínimo de operadores europeos e cunha duración de dous anos.
Accións especiais: para poder optar aos fondos as accións especiais deben ter un alcance importante, contribuír a incrementar a toma de consciencia dos europeos da súa pertenza a unha mesma comunidade e favorecer o diálogo intercultural e internacional.
2. Apoio aos organismos activos a nivel europeo no eido da cultura:
Esta axuda consagrarase aos gastos ligados ao programa de traballo permanente de organismos de interese xeral europeo no dominio da cultura. Poderán beneficiarse desta axuda grupos cun mínimo de 7 socios que actúen a favor da cooperación cultural a través de funcións de representación, difundindo informacións que favorezan a cooperación cultural, estruturando redes a nivel europeo, participando en proxectos de cooperación cultural ou actuando como embaixadores da cultura europea.
3. Apoio aos traballos de análise e difusión de información e á optimización do impacto dos proxectos no eido da cooperación cultural:
Co obxectivo de difundir informacións prácticas sobre o programa e favorecer a súa promoción, prevese a creación de puntos de contacto, que tamén poderán recibir axudas. Baixo este capítulo, tamén poderá apoiarse a realización de estudos de análise no campo da cooperación cultural europea e da elaboración de políticas culturais europeas, e accións que teñan por obxectivo optimizar o impacto dos proxectos a través do intercambio de experiencias e boas prácticas.
Empresas e operadores do sector cultural sen ánimo de lucro, exceptuando o eido do audiovisual.
O programa dispón dun orzamento de 400 millóns de euros.
Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Programme Culture (2007–2013)
(Capítulo do programa que solicita)
Avenue du Bourget 1
(BOUR 04/13)
B – 1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante