Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRESS
Período 2007-2013.
PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:
Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.
Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.
Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.
O programa subdivídese en cinco seccións:
Financia todo tipo de actividades de análise (estudios, enquisas, recollidas de datos...) e actividades de aprendizaxe mutua, sensibilización e difusión, ademais de prestar apoio a redes a escala europea e observatorios, seminarios e grupos de traballo, intercambio de persoal entre administracións, etc.
Céntrase, principalmente, nas actividades con forte dimensión europea que garantan o valor engadido comunitario, como os estudos a escala europea sobre emprego e asuntos sociais, a creación de redes de expertos nacionais ou o intercambio de boas prácticas.
Autoridades nacionais, rexionais e locais, servizos públicos de emprego, patronais e sindicatos, organizacións non gobernamentais, universidades e institutos de investigación, institutos nacionais de estatística e medios de comunicación.
657.590.000 € para todo o período 2007-2013 repartidos da seguinte maneira:
Calquera proposta sobre estes ámbitos será financiata ata un máximo do 80% dos seus custos.
As propostas serán remitidas directamente á Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión.
European Commission – DG EMPL/B.1
DG Employment, Social Affairs and Inclusion
J-54 01/004
B – 1049 Brussels
Belgium
Email: empl-04-03-03-01@ec.europa.eu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante