Programa
PROGRAMA EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL EN MATERIA DE DEFENSA (EDIDP)
Base Legal
Regulamento (EU) 2018/1092 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xullo de 2018 que establecen o Programa de Desenvolvemento Industrial en Materia de Defensa co obxectivo de apoiar a competitividade e a innovación na industria de defensa da Unión.
Duración
2019-2020
Obxectivos
Cofinanciamento de proxectos e o desenvolvemento conxunto de produtos e tecnoloxías en materia de defensa.
Eidos de actuación
As convocatorias de financiamento para 2019 estarán divididas en 9 categorías diferentes:
1. Multipurpose unmanned ground system (convocatoria EDIDP-MUGS-2019): Esta convocatoria consiste en apoiar o deseño ou prototipo dun Sistema Terrestre Multifunción non Tripulado. Tamén comprende sistemas e solucións para a integración destes elementos con equipos tripulados. Aberta ata o 29/08/19, cunha liña orzamentaria de 30.6000.000 €.
2. Capacitación aeroespacial para intelixencia, vixilancia e recoñecemento (ISR) e comunicación, sistemas aéreos de pilotaxe remoto (RPAS) e conxuntos de sensores para a súa integración na xestión do tráfico aéreo (convocatoria EDIDP-ISR-2019).
3. Capacitación dunha conciencia situacional cibernética e de defensa, redes militares e tecnoloxías para comunicación segura e intercambio de información (convocatoria EDIDP-CSAMN-2019).
4. Posicionamento, navegación e sincronización (PTN) e capacitación de comunicacións por satélite (convocatoria EDIDP-PNTSCC-2019): Esta convocatoria inclúe o desenvolvemento de solucións de aplicación en defensa do sistema de navegación europeo Galileo e a protección do espectro electromagnético das comunicacións por satélite durante a paz, misións e operacións.
5. Sistema de comando e control europeo (C2) dende o nivel estratéxico ao táctico (convocatoria EDIDP-ESC2S-2019): Consiste no deseño de funcións e equipamento necesario para establecer o sistema C2, complementando os sistemas existentes do Servizo Europeo de Acción Exterior.
6. Mellora e desenvolvemento das funcións do armamento de precisión de terra (convocatoria EDIDP-NGPSC-2019): Deseño, prototipo e comprobación das funcións máis aló da liña de visión (BLOS) de armamento antitanque.
7. Capacitación de combate aéreo (convocatoria EDIDP-ACC-2019): Estudo, deseño e/ou prototipo de funcións de ataque electrónico aéreo e plataformas de adestramento para avións de combate.
8. Plataformas navais futuras e tecnoloxía relacionada (convocatoria EDIDP-FNPRT-2019): Apoio e soporte de estudos sobre plataformas navais con funcións de defensa, incluíndo aquelas con capacidade para operar en climatoloxías estremas.
9. Solución de defensa innovadoras e futuras (convocatorias EDIDP-SME-2019): Esta convocatoria está especialmente dirixida a Pemes que desenvolvan accións innovadoras no eido da defensa. Produtos, solucións, materias ou tecnoloxías que modifiquen o paradigma en preparación, desprego, fiabilidade, seguridade ou sustentabilidade das forzas da Unión.
Destinatarios
Pemes, empresas e institucións do eido da defensa.
Financiamento
500 millóns de € para 2019-2020. 243.250.000 € para o 2019.
Comentarios
Contacto
Revisar cada unha das convocatorias individuais.