Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PO FSE Galicia
Decisión de execución da Comisión C(2015)8894
Período subvencionable: desde 01/01/2014 ata 31/12/2023
As actuacións que se cofinanciarán co PO FSE Galicia 2014-2020 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes prioridades estratéxicas:
-A promoción da sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral;
-A promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza e a discriminación; e
- O investimento en educación e formación.
-Eixo 1B: Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.
-Eixo 2B: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
-Eixo 3B: Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.
-Eixo 8B: Asistencia Técnica.
Cada convocatoria publicada no marco deste Programa explicitará os destinatarios aos que se dirixe.
A parte do FSE nacional que se investirá en Galicia ao longo do período supoñerá 853,9 millóns de euros, incluíndo o Fondo Europeo de Axuda aos máis Desfavorecidos (FEAD), dos que 313,1 corresponden ao PO FSE Galicia e o resto aos Programas FSE plurirrexionais.
Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos dá Xunta de Galicia
Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 51 31
Fax: 981 54 51 33
Emails: dxfondos@conselleriadefacenda.gal e dx.fondos.europeos.facenda@xunta.gal
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante