Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PO FEDER Plurirrexional de Crecemento Intelixente
Decisión de Execución C(2015) 895 final, da Comisión Europea, de aprobación do PO FEDER Crecemento Intelixente 2014-2020 (12.2.2015)
Período subvencionable: desde 01/01/2014 ata 31/12/2023
En liña cos obxectivos e iniciativas emblemáticas da Estratexia UE2020, desenvólvese o Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020, para potenciar o crecemento intelixente en España, cunha especial atención ás necesidades e o potencial do tecido produtivo, isto é, as empresas e moi particularmente as PEME.
-Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
-Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso ás mesmas.
-Mellorar a competitividade das PEME.
-Asistencia Técnica.
Cada convocatoria publicada no marco deste Programa explicitará os destinatarios aos que se dirixe.
Galicia encádrase neste período no grupo de ”rexións máis desenvolvidas”, que a través deste Programa repartiranse un total de 1.778,3 millóns de euros de Axuda FEDER a nivel nacional. O importe estimado da Axuda FEDER que se investirá en Galicia ascende a 458,9 millóns de euros.
Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos da Xunta de Galicia
Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 51 31
Fax: 981 54 51 33
Emails: dxfondos@conselleriadefacenda.gal e dx.fondos.europeos.facenda@xunta.gal
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante