Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PO FEDER Galicia

Base Legal

Decisión de execución da Comisión de 12.2.2015 C(2015) 897 final

Duración

Período subvencionable das actuacións: 01/01/2014 - 31/12/2023

Obxectivos

O Programa que se presenta detalla, para o período 2014-2020, unha estratexia rexional concertada FEDER para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.

Eidos de actuación

O programa operativo apoiará os eixos prioritarios seguintes:
1. «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación». Preténdese aumentar as competencias emprendedoras e incrementar o número de iniciativas de traballo por conta propia e adaptar a cualificación das persoas traballadoras ás necesidades do mercado laboral.
2. «Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso ás mesmas». Preténdese a modernización tecnolóxica dos servizos públicos, a consolidación do e-goberno e a incorporación das TIC e as posibilidades de xestión que estas ofertan á Administración Pública.
3. «Mellorar a competitividade das PEME». Procurase facilitar a posta en marcha de novas empresas, aumentar a competitividade das empresas galegas para permitir o incremento do seu tamaño, así como do seu número e fomentar a súa presenza nos mercados exteriores.
4. «Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores». Fomentará a redución da intesidade enerxética do texido empresarial, o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas e edificios públicos, a redución do uso do automóbil e o aumento do peso das enerxías renovables no mix enerxético.
5. «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos». Búscase a redución dos danos causados pola sinistralidade ligada a emerxencias climáticas e incendios.
6: «Innovación social». Neste sentido, tratarase de atopar solucións innovadoras a necesidades sociais existentes.
10. «Investir en educación, formación e formación profesional». Preténdese reducir o abandono educativo temperán e mellorar os resultados educativos e aumentar a participación na Formación Profesional, así como mellorar a súa calidade.
13. «Asistencia Técnica». Preténdese con estas accións axudar á consecución dos obxetivos do programa operativo, a través dunha xestión e control de calidade, da realización de estudos e evaluacións que midan e analicen a eficacia, eficiencia e impacto.

Financiamento

1.104,2 millóns de euros, dos que o 80% corresponde á axuda comunitaria (883,4 millóns de euros), o 16,2% corresponde á cofinanciación da Xunta de Galicia (178,9 millóns de euros), e o 3,8% restante será aportado polo sector privado nos Eixos 1, 3 y 4 (42 millóns de euros).

Comentarios

A Subdirección Xeral de Xestión do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DX de Fondos Comunitarios) é a autoridade de Xestión do PO FEDER e o organismo intermedio, a Xunta de Galicia, é o que se encarga de seleccionar as actividades a financiar dentro deste programa.

Enlaces de Interese

Contacto

Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos dá Xunta de Galicia
Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 51 31
Fax: 981 54 51 33
Emails: dxfondos@conselleriadefacenda.gal e dx.fondos.europeos.facenda@xunta.gal

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante