Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Base Legal

Decisión de Execución da Comisión do 1 de marzo de 2016, relativa ó programa de traballo para 2016 no marco do terceiro Programa de Acción da Unión no eido da saúde (2014-2020) e a contribución financeira da Unión á Convención Marco da OMS relativa ó control de tabaco.

Duración

Anual (2016)

Obxectivos

1 – Promover a saúde, previr enfermidades e xerar ambientes proclives para ter hábitos de vida saudables, tendo en conta o principio da “saúde en tódalas políticas”.


2 – Protexer ós cidadáns e cidadás da Unión de ameazas transfronteirizas serias para a saúde.


3 – Contribuir a sistemas de saúde innovadores, eficientes e sustentables.


4 – Facilitar o acceso a unha mellor e máis segura asistencia sanitaria para os cidadáns e cidadás da Unión.

Eidos de actuación

O Programa apoiará accións como as seguintes:


1.Accións relacionadas coa saúde dos migrantes: boas prácticas na oferta de coidados sanitarios para ós migrantes máis vulnerables e para os refuxiados.


2.Accións que teñan como obxectivo reunir coñecementos e intercambiar boas prácticas respecto de medidas que poidan reducir o alcoolismo xuvenil e o consumo episódico de alcool en grandes cantidades.


3.Accións que procuren reunir coñecementos e intercambiar boas prácticas respecto de medidas para previr o uso ilícito de medicamentos, en liña cos standards mínimos de calidade para reducir a demanda dos mesmos.


4.Accións que apoien ós Estados Membros e ós demais interesados a encarar o desafío que supoñen as enfermedades crónicas.


5.Accións relacionadas coa protección e selección de donantes.


6.Accións relacionadas coa creación de redes europeas de referencia.


5.Accións relacionadas coa creación de novos rexistros de enfermidades raras.

Destinatarios

Os destinatarios deben ser entidades legalmente establecidas, autoridades públicas e corpos do sector público, particularmente institucións de investigación ou relacionadas co eido da saúde, universidades e centros de educación superior dos seguintes países:


-Estados Membros da UE.


-Islandia.


-Noruega.


-Países que teñan un acordo bilateral coa UE segundo o establecido no artigo 6 do Reglamento 282/2014.

Financiamento

-Para subvencións (de xestión directa) 36.3 millóns de euros.


-Para premios (de xestión directa) 60.000 euros


-Para adquisicións (de xestión directa) 14.913.112 euros.


-Para outras actuacións 719 000 euros.


A contía total ascende a 57.992.112 euros para 2016.


Enlaces de Interese

Contacto

CHAFEA-HP-CALLS@ec.europa.eu

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante