Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PROGRAMA DE COOPERACIÓN INTERREG SUDOE V-B

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1299/2013 do Parlamento Europeo y do Consello, do 17 de dicembro de 2013, polo que se establecen disposicións específicas relativas ó apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ó Obxectivo de Cooperación Territorial Europea.


Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro do 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ó obxectivo de inversión en crecemento e emprego e polo que se deroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.


Regulamento (UE) n ° 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 , polo que se establecen disposicións comúns relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo, ó Fondo de Cohesión, ó Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ó Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo, ó Fondo de Cohesión y ó Fondo Europeo Marítimo y de Pesca, e se deroga o Regulamento (CE) n ° 1083/2006 del Consejo.

Duración

2014-2020 (subvencionable hasta 2023)

Obxectivos

O obxectivo do novo Programa SUDOE é consolidar a cooperación territorial das rexións do Sudoeste europeo nos ámbitos da competitividade, a innovación, a protección do medio, o desenvolvemento e a ordenación do territorio sostibles. O Programa contribuirá así a asegurar unha integración harmoniosa e equilibrada das rexións participantes e a unha cohesión económica e social no seo da Unión Europea.

Eidos de actuación

  • EIXO 1: INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN. Promover as capacidades de innovación para un crecemento intelixente e sustentable. Obxectivos:
 - Fortalecer o funcionamento en rede da investigación e innovación nos sectores específicos do Sudoe, a partir da especialización intelixente.  
 -Desenvolver a difusión da investigación de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (TFE).


  • EIXO 2: COMPETITIVIDADE DAS PEMES. Fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do suroeste europeo. Obxectivos:

  • - Desenvolvemento das capacidades para a mellora da contorna das empresas do espazo Sudoe.
    - Mellora e crecemento das posibilidades de internacionalización das pemes.
    -A promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas.
    -O desenvolvemento e a aplicación de novos modelos empresariais para as Pemes, en particular para a súa internacionalización.

    • EIXO 3: ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO. Contribuír a unha maior eficiencia das políticas en materia de eficacia enerxética. Obxectivo:
    -Mellorar as políticas de eficiencia enerxética nos edificios públicos e vivendas a través da posta en marcha de redes e a experimentación conxunta. 

    • EIXO 4: LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO. Previr e xestionar os riscos de maneira 4 máis eficaz. Obxectivo:
    -Mellora da coordinación e eficacia dos instrumentos de prevención, de xestión de catástrofes e de rehabilitación de zonas sinistradas.

    • EIXO 5: MEDIO AMBIENTE E EFICIENCIA DOS RECURSOS. Protexer o medio ambiente e promover 5 a eficacia dos recursos. Obxectivos:
    - Mellorar os métodos de xestión do patrimonio natural e cultural común mediante redes e experimentación conxunta.- Reforzar a cooperación dos xestores de espazos naturais do Sudoe a través de métodos compartidos.

    Destinatarios

    O proxecto debe ser presentado por un partenariado formado por entidades públicas ou privadas (excepto as grandes empresas) procedentes de rexións de diferentes países do suroeste europeo. As rexións elixibles son as seguintes:

    • España: todas as comunidades autónomas (excepto Canarias) e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
    • As seis rexións do suroeste de Francia: Aquitania, Auvernia, Languedoc-Rosellón, Limosín,Midi-Pyréneés e Poitou-Charentes.
    • Portugal: todas as rexións continentais(exceptuando por tanto Madeira e Azores).
    • Reino Unido(Xibraltar)
    • O Principado de Andorra


    Financiamento

    O Programa conta cun orzamento de 141 millóns de euros, dos cales 106 millóns serán achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e 35 millóns polas contrapartidas públicas e privadas dos países participantes.


    Comentarios


    Enlaces de Interese

    Contacto

    Autoridad de gestión
    Comunidad Autónoma de Cantabria
    Dirección General de Economía y Asuntos Europeos
    Plaza del Príncipe 4, 2ª planta
    39003 Santander
    JUAN LLANES CAVIA
    Tel: +34 942 31 84 20
    Fax: +34 942 37 23 29
    aug@interreg-sudoe.eu

    Autoridad nacional-España
    Ministerio de Hacienda y Funcción Pública
    Dirección General de Fondos Comunitarios
    Paseo de la Castellana 162
    28046 Madrid
    ROSARIO NIETO BORRAJO
    Tel: +34 91 583 52 67
    Fax: +34 91 583 73 17
    rnieto@sepg.minhap.es

    Secretaría Conjunta (SC)
    Plaza del Príncipe 4, 1ª planta
    39003 Santander
    España
    CONTACTO GENERAL
    Tel: +34 942 23 83 62
    Fax: +34 942 23 84 28
    scsudoe@interreg-sudoe.eu

    Convocatorias

    Pechadas

    18/06/2019 - Carta Convocatoria do Programa Interreg Sudoe

    Sello AYS Innova entidad adaptada

    © Fundación Galicia Europa

    Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante