Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
FONDO DE ASILO, MIGRACIÓN E INTEGRACIÓN
Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se crea o Fondo de Asilo e Migración (COM 2011 751).
2014-2020
Traballar con todos os Estados membros nunha xestión integrada da migración, a través dunha cooperación práctica, dunha diseminación da información, e dunha sincronización das respostas nacionais sobre a migración. De maneira máis concreta, este fondo tratará de:
reforzar e desenvolver o sistema europeo común de asilo, incluída a súa dimensión exterior;
apoiar a migración legal cara á Unión de conformidade coas necesidades económicas e sociais dos Estados membros e fomentar a integración efectiva dos nacionais de terceiros países, incluídos os solicitantes de asilo e os beneficiarios de protección internacional;
desenvolver unhas estratexias de retorno equitativas e eficaces nos Estados membros, facendo fincapé na sostibilidade do retorno e a readmisión efectiva nos seus países de orixe;
aumentar a solidariedade e o reparto de responsabilidades entre os Estados membros, en particular cos máis afectados pola migración e os fluxos de asilo.
Libre circulación de persoas, fluxos migratorios na UE, solidaridade e xestión da migración, retos e oportunidades da migración, eliminación das fronteiras dentro da UE, sincronización das respostas nacionais á migración.
Cada Estado membro aplica este fondo mediante programas nacionais anuais que se preparan, executan e avalían de forma descentralizada coa colaboración doutras autoridades e entidades designadas para tal fin.
3.137,42 millóns de euros
Comisión Europea, Dirección Xeral de Asuntos de Interior (DG HOME)
Rue du Luxembourg 46, 1000 Bruxelas. Bélxica
19/12/2018 - AMIF-2018-AG-INTE- Integración de nacionais de terceiros países
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante