Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
XUSTIZA 2014
Regulamento (EU) No 1382/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establece o programa <
Período 2014-2020
Facilitar e protexer a cooperación xudicial en materia civil e penal;
Apoiar e promover a formación xudicial, incluída a formación lingüística sobre terminoloxía xurídica, con miras a fomentar unha cultura xurídica e xudicial común;
Facilitar un acceso efectivo á xustiza para todos, incluíndo a promoción e o apoio aos dereitos das vítimas de delitos, á vez que se respectan os dereitos da defensa;
Protexer as iniciativas en materia de drogas no que se refire á cooperación xudicial e nos aspectos de prevención da delincuencia.
Actividades analíticas, como a recollida de datos e estatísticas; desenvolvemento de metodoloxías comúns; estudos, investigacións, análises e enquisas; avaliacións; elaboración e publicación de guías, informes e material educativo; talleres, seminarios, reunións de expertos e conferencias;
Actividades de formación, como intercambios de persoal, talleres, seminarios, formación de formadores e desenvolvemento de ferramentas de formación en liña;
Aprendizaxe mutua, cooperación, actividades de sensibilización e difusión, tales como a identificación e o intercambio de boas prácticas, enfoques e experiencias innovadores; organización de conferencias, campañas de información; compilación e publicación de material divulgativo sobre o programa e os seus resultados e un maior desenvolvemento do Portal Europeo de Xustiza como instrumento para mellorar o acceso dos cidadáns á xustiza;
Apoio aos principais axentes cuxas actividades contribúan á consecución dos obxectivos do programa; apoio aos axentes europeos clave e ás principais redes europeas e apoio ás actividades de creación de redes a escala europea entre organismos e entidades especializados.
A participación no programa estará aberta aos Estados membros, aos países do Espazo Económico Europeo, aos países candidatos, e aos países en vías de adhesión á Unión Europea. Os organismos e entidades con ánimo de lucro só poderán acceder ao programa xunto con organismos sen ánimo de lucro ou organismos públicos. A participación no programa estará aberta ás organizacións internacionais que traballen nos ámbitos cubertos por este.
O orzamento global para o período 2014-2020 será de 377.604.000 euros.
Asignaránse cantidades a cada obxectivo establecido da seguinte forma: 30% da dotación financeira para a mellora da cooperación xudicial; 35% para o apoio e promoción da formación xudicial; 30% para a facilitación dun acceso efectivo á xustiza e 5% para materia de drogas e cooperación xudicial.
As convocatorias de propostas teñen periodicidade anual. Os criterios de admisibilidade, selección e concesión para seleccionar as propostas establécense en programas anuais de traballo adoptados pola Comisión.
Comisión Europea, Dirección Xeral de Xustiza, Liberdade e Seguridade (DG JUST)
Unidade E4. Apoio financeiro
Oficina LX-46 7/49
Avenue du Bourget 1, 1040 Bruxelas (Bélxica)
Fax: 32-2-299 82 15
JLS-Criminal-Record@ec.europa.eu
E-mail: JLS-Criminal-Record@ec.europa.eu
08/02/2018 - Formación de xuíces nacionais en Dereito da Competencia da UE
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante