Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PAGOS DIRECTOS AOS AGRICULTORES
2014-2020
A PAC ten por obxectivo asegurar un nivel de vida mínimo dos agricultores e ofrecer aos consumidores un abastecemento de alimentos estable, alcanzable e de calidade. O primeiro piar encárgase de garantir que os agricultores reciban as súas axudas e subvencións en forma de pagos directos e medidas de apoio á produción agrícola e ao mantemento das terras en boas condicións, tanto agrícolas como medioambientais.
A Comisión Europea, a través da xestión de cada Estado membro, financia cada ano unha serie de accións a través dos pagos directos aos agricultores para axudalos a manter o sector agrícola nas súas respectivas rexións e poder manter un nivel de ingresos mínimos.
Co obxecto de primar as diferentes actuacións ou actividades agrícolas, cabe diferenciar os seguintes pagos e réximes de axuda:
Estas axudas da Unión Europea están dirixidas aos agricultores comunitarios e préstanse a través dunha estreita cooperación entre a Comisión, o Estado membro en cuestión e as autoridades, organismos e entidades designados por el en virtude das normas e prácticas nacionais. Os Estados membros deberán definir os criterios aos que se deben axustar os agricultores para cumprir coa súa obriga de manter a superficie agrícola nun estado axeitado para o pastoreo ou o cultivo.
312.735 millóns de euros.
A Comisión Europea ofrece este tipo de axudas con carácter anual e son os Estados membros os que se encargan de distribuílas directamente aos seus agricultores. En Galicia, o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) é o organismo pagador que se encarga de xestionar e contabilizar as axudas directas ás explotacións.
Consellería de Medio Rural e do Mar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela
981 54 40 38 – 981 54 40 19
012@xunta.es
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante