Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER)

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello


Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia

Duración

2014-2020

Obxectivos

  • Fomentar e mellorar o medio ambiente, a calidade de vida nas zonas rurais e a competitividade e sostibilidade dos sectores agrario e forestal;


  • Garantir a xestión sostible dos recursos naturais e da acción polo clima;


  • Lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluída a creación e conservación do emprego para fixar a poboación no rural.

Eidos de actuación

Concédese axuda a medidas destinadas a:


  • Fomentar a transferencia de coñecementos e innovación nos sectores agrario e forestal;


  • Mellorar a viabilidade das explotacións agrícolas e a competitividade de todos os tipos de agricultura, así como promover as tecnoloxías agrícolas innovadoras e a xestión forestal sostible;


  • Fomentar a organización da cadea alimentaria, incluídas a transformación e a comercialización dos produtos agrícolas, o benestar animal e a xestión de riscos no sector agrícola;


  • Restaurar, preservar e mellorar os ecosistemas relacionados coa agricultura e a silvicultura;


  • Promover a eficiencia dos recursos e fomentar o paso a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático nos sectores agrícola, alimentario e forestal;


  • Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais.

Destinatarios

Este fondo está dirixido ás persoas físicas e xurídicas dos Estados membros da UE que cumpran cos criterios de admisibilidade. A axuda do FEADER concederase a través dunha estreita cooperación entre a Comisión, o Estado membro en cuestión e as autoridades, organismos e entidades designados por el en virtude das normas e prácticas nacionais.

Financiamento

O FEADER conta con 95.577 millóns de euros, dos cales 8.291 millóns corresponden a España e 890 millóns a Galicia.

Comentarios

O FEADER xestiónase de maneira descentralizada dende os Estados membros, que han de designar ás autoridades de xestión, ao organismo pagador e ao organismo de certificación para cada Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020. En España, cada comunidade autónoma conta co seu PDR, ademais de existir un PDR a nivel nacional. A autoridade de xestión do PDR de Galicia é a Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, responsable da selección das operacións conforme á normativa comunitaria. O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), pola súa parte, é o organismo pagador en Galicia do FEADER.


As autoridades de xestión sacan as súas propias convocatorias ou ordes de axudas, agás no subprograma Leader, cuxa xestión é diferente. Neste caso, as entidades do ámbito económico ou social que desexen implicarse no programa constitúense en Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para elaborar estratexias de desenvolvemento comarcal, no que reflicten as principais necesidades do seu territorio con vistas a ser financiadas polo programa Leader. En Galicia, estas estratexias han de presentarse á convocatoria do programa que publica a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) -ente público xestor do programa Leader en Galicia-

Enlaces de Interese

Contacto

Consellería do Medio Rural e do Mar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
981 54 40 38 – 981 54 40 19
012@xunta.es

Convocatorias

Pechadas

30/10/2019 -

Convocatoria de propostas para as medidas de apoio ás accións de información no ámbito da política agrícola común (PAC) para 2020 (2019/ C 370/09).

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante