Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Base Legal

Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 2328/2003, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 198/2006 e nº 791/2007 do Consello e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.


Programa Operativo plurirrexional do FEMP

Duración

2014-2020

Obxectivos

  • Axudar aos pescadores na transición a unha pesca mais sostible, así como impulsar un sector pesqueiro innovador, competitivo e baseado no coñecemento;


  • Axudar ás comunidades costeiras a diversificar as súas economías;


  • Financiar proxectos para crear emprego e mellorar a calidade de vida dos traballadores do mar nas costas europeas;


  • Favorecer a aplicación da nova Política Pesqueira Común.


  • Fomentar un desenvolvemento territorial equilibrado e integrador das zonas pesqueiras e acuícolas;


  • Garantir un abastecemento de produtos do mar estable, accesible e de calidade para o consumidor.

Eidos de actuación

O FEMP apoia diferentes actuacións das que cómpre destacar:


  • Proxectos que potencien a innovación no sector pesqueiro;


  • Servizos de asesoramento sobre estratexias empresariais, comerciais e de sostibilidade ambiental;


  • Creación de redes para o fomento da transferencia de coñecementos entre investigadores e pescadores;


  • Fomento do capital humano e do diálogo social;


  • Impulso da diversificación económica e das novas formas de creación de ingresos mediante o desenvolvemento de actividades complementarias, como os investimentos en turismo de pesca deportiva, restaurantes ou actividades educativas no eido da pesca;


  • Innovación relacionada coa conservación dos recursos biolóxicos mariños;


  • Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sostibles;


  • Mitigación do cambio climático;


  • Limitación do impacto da pesca sobre o medio ambiente mariño e adaptación da pesca para a protección das especies;


  • Desenvolvemento sostible das zonas pesqueiras e acuícolas;


  • Medidas relacionadas coa comercialización e a transformación.

Destinatarios

Poderán beneficiarse das axudas concedidas polo fondo: o sector extractivo e da acuicultura da UE, comunidades dependentes da pesca, o sector da transformación, o sector da investigación, as administracións e organismos públicos, os consumidores, terceiros países, ONG e a sociedade civil.

Financiamento

O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca contará con 6.400 millóns de euros para o período financeiro 2014 e 2020.


En particular, o FEMP destinará uns 4.340 millóns para o desenvolvemento sostible da pesca, así como 580 millóns para medidas de control e 192 millóns para compensar ás rexións ultraperiféricas. Outros 520 millóns de euros servirán para financiar a recollida de datos, 45 millóns destinaranse a axudas de almacenamento e uns 645 millóns á xestión directa. Así mesmo, acordouse destinar uns 71 millóns para a Política Marítima Integrada.


Dada a importancia do sector en España, esta recibe 1.161 millóns de euros do FEMP. A distribución destes fondos faise mediante o Programa Operativo plurirrexional que se encontra en proceso de elaboración.

Comentarios

O programa está xestionado de forma mixta pola Comisión Europea e os Estados membros. A nivel autonómico, é a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a encargada da súa xestión. Para os efectos do programa operativo, que é de carácter nacional, os Estados membros deben designar as seguintes autoridades: a autoridade de xestión, o organismo pagador, o organismo de certificación.


Os Estados membros esixirán ás entidades que soliciten axudas ao abeiro do FEMP a presentación á autoridade de xestión dunha declaración asinada na que confirmen que compren os criterios enumerados no Regulamento do FEMP e que non cometeron ningunha irregularidade no marco do FEP ou do FEMP.

Enlaces de Interese

Contacto

Consellería de Medio Rural e do Mar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n,15704. Santiago de Compostela
981 54 40 38 – 981 54 40 19
012@xunta.es

Convocatorias

Pechadas

30/04/2018 - Acción Preparatoria – Currículo Común para Patróns de Pequenas Embarcacións Comerciais

30/07/2018 - Convocatoria de propostas 2018 - Ordenación do espazo marítimo (MSP)

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante