Programa
VIDA COTIÁ ASISTIDA POLO ENTORNO (AAL)
Base Legal
Decisión nº554/2014/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa á participación da Unión no Programa de investigación e desenvolvemento ”Vida Cotiá Asistida e Activa”, emprendido conxuntamente por varios Estados membros.
Duración
2014-2020
Obxectivos
- Fomentar a aparición de produtos, servizos e sistemas innovadores baseados nas TIC, para mellorar a calidade de vida, a participación na sociedade e a autonomía das persoas maiores.
- Fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación a nivel comunitario en tecnoloxías e servizos para mellorar o avellentamento na sociedade da información.
- Crear un mercado máis grande para a industria a nivel europeo, especialmente para as pequenas e medianas empresas, e mellorar a competitividade da UE nos produtos e servizos baseados nas TIC para o avellentamento.
Eidos de actuación
- Apoiar proxectos de investigación e innovación dirixidos ao mercado para un avellentamento activo e saudable. O financiamento levase a cabo principalmente a través de subvencións, pero tamén a través de premios, a compra pública precomercial e a contratación pública.
- Apoiar accións de intermediación, de promoción do programa, accións de sensibilización sobre as capacidades actuais, fomentar a adopción de solucións innovadoras.
- Apoiar accións para mellorar a calidade das propostas, os estudos de viabilidade e de seminarios. Tamén se prevé a colaboración coas rexións da Unión Europea para ampliar a participación de partes interesadas.
Destinatarios
O AAL vai dirixido a consorcios que deben incluír polo menos:
- Un socio comercial.
- Unha pequena e mediana empresa, que pode ser o socio comercial.
- Unha organización de usuarios.
Só se financian aqueles consorcios que cumpran cos criterios de admisibilidade establecidos por cada Estado membro (ver puntos de contacto nacionais), aparte dos requisitos a nivel europeo:
- Presentación dunha proposta a través do sistema electrónico da AAL antes da data límite.
- Presentar a proposta en inglés.
- Consorcio composto por como mínimo tres entidades legais independentes que cumpran os criterios de admisión, provenientes de tres estados asociados á AAL diferentes.
- Tamaño do consorcio: 3 a 10 socios.
Financiamento
O AAL recibe 175 millóns de euros da Comisión Europea, 350 millóns de euros de socios industriais e 175 millóns de Estados membros. En total: máis de 700 millóns de euros para 7 anos.
Comentarios
As decisións estratéxicas e de financiamento serán adoptadas pola Asociación AAL, xestionada polos estados participantes, mentres que a Comisión Europea actuará como observador.
Enlaces de Interese
Contacto
Unidade de Xestión Central do programa
Director Dr. Karina Marcus
Rue du Luxembourg, 3 1000. Bruxelas. Bélxica
+32 (0)2 219 92 25
karina.marcus@aal-europe.eu
Puntos de contacto en EspañaMinisterio de Industria, Enerxía e Turismo
Berta Maure
Capitán Haya 41 28071 – Madrid
91 3462540
bmaure@minetur.es
Instituto de Saúde Carlos III. Unidade de Investigación de Avaliación e Promoción da Saúde.
Ignacio Baanante Balastegui
C/ Monforte de Lemos, 5 28029 - Madrid
91 8222576
ibaanante@isciii.es
Instituto de Saúde Carlos III
Teresa Chavarría
34 91 822 2124
tchavarria@isciii.es