Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Instrumento de Asociación (PI)
2014-2020
-Implementar a dimensión internacional da estratexia “Europa 2020” apoiando as estratexias de asociación bilaterais, rexionais e interregionales de cooperación da UE, mediante a promoción de diálogos de política ou mediante o desarollo de aproximacións e respostas aos retos globlaes como a seguridade enerxética, o cambio climático e medio ambiente.
-Mellorar o acceso aos mercados e desenvolvendo o comercio, o investimento e as oportunidades de negocio das empresas Europeas, en particular as PEMES, mediante asociacións económicas e cooperación de negocios ou en materia de regulacións.
-Incrementar o nivel de visibilidade e entendemento da Unión e o seu papel no escenario mundial mediante diplomacia pública, cooperación educativa e académica e outras actividades que promovan os intereses e valores da UE.
O instrumento de asociación dará prioridade ao apoio de políticas exteriores da UE á vez que a dimensión internacional de políticas sobre o cambio climático, o medio ambiente, enerxía, transporte, emprego e política social e temas de TIC.
-Promoción da cooperación, asociación e accións conxuntas entre actores económicos, académicos e científicos na UE e os países socios.
-Estimulación do comercio bilateral, fluxos de investimento e asociacións económicas
-Promoción de diálogos entre actores económicos, políticos e sociais e ONG
-Promoción de unións entre pobos, programas de educación e prácticasm, intercambios culturais e a mellora do entendemento mutuo entre culturas e civilizacións.
-Promoción de proxectos cooperativos en áreas de investigación, ciencia e tecnoloxía, enerxía, transporte e temas ambientais.
-A mellora da percepción e entendemento da UE e a súa visibilidade en países asociados.
-Apoio de iniciativas específicas, incluíndo traballo de investigación, estudos, esquemas piloto, ou proxectos conxuntos.
Todos os terceiros países, rexións e territories poden ser elegibles para cooperación baixo este programa.
Tendo en conta que se primarán medidas de cooperación con países desenvolvidos e en desenvolvemento que desempeñen un papel máis preeminente na economía e comercio internacionais, en foros multilaterais, en gobernanza global e afrontando retos globais onde a UE teña intereses significativos.
954,76 millóns de Euros
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante