Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FEAG

Base Legal

Regulamento (UE) n ° 1309/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 , sobre o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (2014-2020) e polo que se derroga o Regulamento (CE) n ° 1927/2006



Duración

2014 - 2020

Obxectivos

O Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) ten como obxectivo prestar apoio aos traballadores que perden o seu emprego como consecuencia de grandes cambios estruturais nas pautas do comercio mundial, provocados pola globalización (por exemplo, peche de grandes empresas ou deslocalización da produción fóra da UE) ou pola crise económica e financeira mundial.

Eidos de actuación

O FEAG actúa en casos nos que se despiden máis de 500 traballadores nunha única empresa ou cando un elevado número de traballadores dun determinado sector perde o seu emprego nunha rexión ou en varias rexións veciñas.

O FEAG cofinancia proxectos que contemplen medidas como as seguintes:

• Asistencia na procura de emprego

• Orientación profesional

• Educación, formación e reciclaxe profesional

• Titoría e asesoramento individual

• Emprendemento e creación de empresas.

Tamén pode proporcionar axudas á formación, axudas por mobilidade, dietas e outras axudas similares.

Destinatarios

Só os Estados membros poden solicitar axudas do Fondo. Os particulares, organizacións representativas ou empresarios afectados por despedimentos e que desexen garantir que os traballadores despedidos reciban axudas do FEAG deben poñerse en contacto coa persoa de contacto do FEAG no seu Estado membro.

Os traballadores despedidos poden recibir axudas dos proxectos do FEAG.

Durante o período 2014-2020 están incluídos tanto os autónomos, como os traballadores eventuais ou con contrato de duración determinada.

Ata finais de 2017, os mozos sen estudos, traballo nin formación de rexións cun elevado desemprego xuvenil poden obter axudas do FEAG, en número igual ao dos traballadores que reciben axudas nas devanditas rexións.

Non se pode recorrer ao FEAG para evitar o peche dunha empresa, modernizala ou reconvertela.

Financiamento

O FEAG, que ten un orzamento máximo de 150 millóns de euros ao ano para o período 2014-2020, pode financiar ata o 60% do custo dos proxectos concibidos para axudar aos traballadores despedidos a atopar un novo emprego ou crear a súa propia empresa.

Comentarios

As intervencións do FEAG prodúcense baixo a xestión das administracións nacionais ou rexionais. Cada proxecto ten unha duración de dous anos.

O FEAG non cofinancia medidas de protección social como as pensións ou as prestacións de desemprego.

Os prazos que establece o Regulamento son moi breves, polo que a Comisión ofrece asistencia para presentar a solicitude formal.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea: empl-egf-applications@ec.europa.eu
FEAG Contactos en España
Mr Guzmán GARCÍA GONZALEZ-POSADA
Unidad Administradora del Fondo Social Europeo (UAFSE)
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
C/ Pío Baroja nº 6 , 1ª planta
E-28009 MADRID
Phone: +34 91 363 20 65
Fax: + 34 91 363 20 30
E-mail: ggarciagp@meyss.es

Ms Victoria BERROCAL RUIZ
Unidad Administradora del Fondo Social Europeo (UAFSE)
Ministerio de Empleo y Seguridad Social
C/ Pío Baroja nº 6
E-28009 MADRID
Phone: +34 91 3632053
Fax: +34 91 3632030
e-mail: vberrocal@meyss.es

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante