Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EU BUSINESS AVENUE PARA O SUDESTE ASIÁTICO

Duración

2014 - 2015

Obxectivos

O programa EU Business Avenues ten como obxectivo fortalecer a presenza de empresas europeas no sueste asiático

Búscase permitir ás empresas ,PEMES especialmente, que estean interesadas en colaborar cos socios da ANSA (Asociación de Nacións do Sueste Asiático) pero que se enfrontan a barreiras para facelo de forma independente, aproveitar o apoio prestado polo Programa para adquirir experiencia de primeira man acerca destes mercados e establecer contactos comerciais nos mesmos.

Facilitaranse contactos entre as diferentes compañías baixo o formato de reunións preestablecidas con responsables de empresas destes países, así como contactos espontáneos con visitantes nos días de exhibición.

Eidos de actuación

Facilitaranse contactos entre as diferentes compañías baixo o formato de reunións preestablecidas con responsables de empresas destes países, así como contactos espontáneos con visitantes nos días de exhibición.
Campos de actuación:

O programa diríxese a empresas, especialmente PEMES, cuxas actividades se encadran dentro dos sectores das Tecnoloxías Limpas e o Deseño de Interiores. Finánciaranse misións comerciais dunha semana de duración en Singapur, Malaisia ou Vietnam para empresas europeas. Preténdese que estas adquiran experiencia e coñezan mellor estes mercados.

Destinatarios

Diríxese aos negocios activos nestes sectores que buscan desenvolver as súas actividades nestes países.

Criterios xerais de selección

• Existir desde hai polo menos 5 anos e poder demostrar 3 anos de datos financeiros

• Ser completa ou maioritariamente de propiedade europea

• Ter a súa sede na UE

• Ser activa nalgún dos sectores do programa

• Ter un historial probado de cooperación empresarial internacional

• Ter unha estratexia de negocio sólida para o seu acceso nos mercados do sueste asiático.

• Ter unha facturación e un número de empregados suficientes para entrar con éxito nos mercados do sueste asiático.

Criterios de selección específicos segundo sector

Para a 2º Misión Comercial de Tecnoloxías Limpas na primavera de 2015: poderán beneficiarse do programa aquelas compañías cuxa actividade se desenvolva dentro sector do ambiental ou de eficiencia enerxética.

Financiamento

Cada empresa disporá dun máximo de 1000 € para cubrir os gastos de aloxamento, cubriranse o 80% dos custos de servizos personalizados ata un máximo de 1600 €

Comentarios

Trátase dun proxecto piloto

Enlaces de Interese

Contacto

madridoffice@businessavenues.eu

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante