Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
EUROSTARS
2014-2020
Eurostars é un programa europeo conxunto, cofinanciado polos orzamentos dos 34 países participantes en EUREKA e pola Unión Europea a través de Horizonte 2020.O programa foi coidadosamente desenvolvido para dar resposta ás necesidades específicas das PEME dedicadas ao I+D e que busca o desenvolvemento de novos produtos e servizos, facilitando o acceso a mercados internacionais, grazas á natureza transnacional do consorcio.
Eurostars-2 perseguirá os seguintes obxectivos:
promover actividades de investigación que cumpran as seguintes condicións:
as actividades débense levar a cabo mediante a colaboración transnacional de PEMEs que realicen actividades de investigación e desenvolvemento entre si ou que inclúan a outros axentes da cadea da innovación (por exemplo, universidades, organizacións de investigación);
espérase que os resultados dunha actividade se introduzan no mercado nos dous meses seguintes á súa finalización;
Incrementar a accesibilidade, eficiencia e eficacia do financiamento público das PEME en Europa mediante a coordinación, harmonización e sincronización dos mecanismos de financiamento nacionais dos Estados participantes;
Fomentar e incrementar a participación de PEME sen experiencia previa no ámbito da investigación transnacional.
Os proxectos Eurostars deben ser:
Ademais para ser considerado apto débense cumprir os seguintes requisitos:
PEME: as microempresas, pequenas empresas e medianas empresas, segundo a definición na Recomendación 2003/361/CE;
PEME que cumpre polo menos unha das condicións seguintes:
reinviste polo menos o 10 % do seu volume de negocios en actividades de investigación e desenvolvemento;
destina polo menos o 10 % dos seus equivalentes a tempo completo a actividades de investigación e desenvolvemento;
ten polo menos cinco equivalentes a tempo completo (no caso das PEME con como máximo cen equivalentes a tempo completo) para actividades de investigación e desenvolvemento,
ten dez equivalentes a tempo completo (no caso das PEME con máis de cen equivalentes a tempo completo) para actividades de investigación e desenvolvemento.
1.114 millóns de euros
Oscar Fernandez Moyano
National Project Coordinator
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
Cid, 4
28001 , Madrid
tel: +34 91 581 5607
oscar.fernandez@cdti.es
Juana Sanchez Perez
Project Officer
Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
Cid, 4
28001 , Madrid
tel: +34 91 581 5607
juana.sanchez@cdti.es
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante