Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Mecanismo de Protección Civil da Unión

Base Legal

Decisión 1313/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro
de 2013 relativa a un Mecanismo de Protección Civil da Unión

Duración

2014-2020

Obxectivos

O Mecanismo de Protección Civil da Unión apoiará, complementará e facilitará a
coordinación da acción dos Estados membros na preparación e prevención fronte
a posibles desastres de orixe natural ou humana. As súas accións principais inclúen
un programa de adestramento, formación práctica e intercambio de expertos, así
como outras actividades nas que a intervención da UE sexa máis eficaz que a dos
Estados que participan por separado, tendo como obxectivos:
• Mellorar a calidade da información sobre desastres e aumentar a súa
accesibilidade
• Poñer en práctica medidas de prevención
• Aumentar a sensibilización en relación coa xestión de desastres
• Desenvolver directrices sobre a avaliación dos riscos e a detección das
ameazas
• Promover a investigación para a mellora da resiliencia fronte aos desastres
• Reforzar os mecanismos de alerta temperá


Eidos de actuación

O Mecanismo de Protección Civil da UE pretende facilitar unha asistencia
coordinada dos Estados membros ás vítimas dos desastres en Europa e en
calquera outra parte do mundo, para o que se serve no plano operativo do
Centro de Coordinación na Resposta a Emerxencias, así como do Instrumento
Financeiro de Protección Civil.
O Centro de Coordinación na Resposta a Emerxencias foi creado para
establecer unha resposta coordinada dos países participantes no caso de
situacións de crise. Por outra parte, o Instrumento Financeiro de Protección
Civil encárgase de proporcionar financiamento para as seguintes actividades
de prevención, preparación e resposta:
• Resposta e accións preparatorias no marco do Mecanismo de Protección
Civil: adestramento, exercicios e misións
• Estudos e proxectos de prevención e preparación
• Cofinanciamento destinado ao transporte de axuda de emerxencia desde os
Estados participantes no Mecanismo


Destinatarios

Todos os Estados membros participan no Mecanismo de Protección Civil
da Unión, ademais da Antiga República Iugoslava de Macedonia, Islandia e
Noruega. Este mecanismo pode prestar axuda a calquera país do mundo que a
pida no caso de que a magnitude dunha emerxencia sobrepase as capacidades
nacionais. A maioría dos Estados participantes ofrecen asistencia gratuíta. Os
custos de traslado poden ser cofinanciados pola Comisión Europea ata nun
55% (un 85% nalgúns casos).

Financiamento

O orzamento global para o período 2014-2020 é de 368,4 millóns de euros, dos
que 223,7 están destinados á prevención, preparación e resposta ante catástrofes
dentro da UE, e 144, 6 millóns para accións similares fóra da UE. Este montante
compleméntase coas contribucións dos tres países que non pertencen á UE pero
participan no Mecanismo.
A axuda financeira con cargo a este mecanismo poderá concederse en forma
de subvencións ou contratos públicos. As subvencións outorgadas poderán
concederse a persoas xurídicas, xa sexan de dereito público ou privado. As
medidas que reciban asistencia financeira ao abeiro deste mecanismo non
recibirán axuda doutros instrumentos financeiros da Unión

Comentarios

As subvencións otorgadas en virtude do Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea poderán concederse a persoas xurídicas, xa sexan de Dereito privado ou público. Para a súa aplicación a Comisión Adoptará programas de traballo anuais mediante actos de execución.
O mecanismo da Unión estará aberto á participación dos países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e os países candidatos e candidatos potenciais. As organizacións internacionais ou rexionais poderán cooperar nas actividades realizadas no marco do Mecanismo da Unión.

Enlaces de Interese

Contacto

Departamento de Axuda Humanitaria e Protección Civil da Comisión Europea
(ECHO)
Rue de la Loi 86, 1049 Bruxelas - Bélxica
+32 229 91111
Ministerio do Interior
Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias
C/ Quintillano, 21. 28002 - Madrid
915 373 100
dgpc@proteccioncivil.org


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante