Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO EUROPEO DE AXUDA PARA OS MÁIS DESFAVORECIDOS (FEAD)

Base Legal

Regulamento (UE) nº 223/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de marzo de 2014, relativo ao Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas.

Duración

2014-2020

Obxectivos

Paliar as peores formas de pobreza subministrando axuda non financeira ás persoas máis desfavorecidas en forma de alimentos e/ou asistencia material básica e de actividades de inclusión social.

Eidos de actuación

O FEAD financia o reparto dunha ampla gama de material asistencial non financeiro, incluíndo comida, vestimenta e produtos de primeira necesidade tales como calzado, deterxente ou xabón de uso persoal. Os Estados membros disporán dunha marxe de flexibilidade para escoller que produtos financiarán, en función da situación particular de cada país.

Destinatarios

Organismos públicos e organizacións sen ánimo de lucro.

Financiamento

O orzamento total do fondo ascende a 3.800 millóns de euros, dos que 499,9 corresponderán a España.

Comentarios

Os Estado membro deben elaborar dous programas operativos para a execución destes fondos: un relativo á asistencia material básica e outro sobre inclusión social. A partir destes programas, os Estados publican as convocatorias de financiamento.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión (DG EMPL)
Rue Joseph II, nº27
b-1049 Bruxelas-Bélxica

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante