Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Instrumento de Axuda á Preadhesión (IPA II)

Base Legal

DOUE L 77/11, 15.3.2014. Regulamento 231/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de marzo de 2014, polo que se establece un Instrumento de Axuda Preadhesión (IAP II).
DOUE L 77/95, 15.3.2014. Regulamento 236/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de marzo de 2014, polo que se establecen normas e procedementos de execución comúns dos instrumentos da Unión para o financiamento da acción exterior.


Duración

Espérase que os proxectos finalicen ao redor de 2020

Obxectivos

O Instrumento de Axuda Preadhesión para o período 2014-2020 (IAP II) apoiará aos países beneficiarios na adopción e execución das reformas políticas, institucionais, xurídicas, administrativas, sociais e económicas que teñen que cumprir devanditos beneficiarios para axustarse aos valores da Unión e adaptarse gradualmente ás regras, normas, políticas e prácticas da Unión con vistas á súa adhesión.

Eidos de actuación

1. As reformas preparatorias da adhesión á Unión e institucións relacionadas e a creación de capacidades.
2. O desenvolvemento rexional e socioeconómico.
3. O emprego, as políticas sociais, a educación, o fomento da igualdade de xénero e o desenvolvemento dos recursos humanos.
4. A agricultura e o desenvolvemento rural.
5. A cooperación rexional e territorial.


Destinatarios

Albania, Bosnia e Herzegovina, Islandia, Kósovo, Montenegro, Serbia, Turquía e a Antiga República Iugoslava de Macedonia

Financiamento

11.698.668.000 €.

Comentarios

A axuda facilitarase de acordo co marco da política de ampliación, e terá debidamente en conta a Comunicación da Comisión sobre a Estratexia de Ampliación e os informes de situación incluídos no conxunto anual de documentos da Comisión sobre ampliación, así como as resolucións pertinentes do Parlamento Europeo.


Esta axuda prestarase sobre a base de documentos de estratexia indicativos nacionais ou plurinacionais, establecidos para o período de vixencia do marco financeiro plurianual da Unión para o período 2014-2020 pola Comisión en asociación cos beneficiarios.
Os documentos de estratexia definirán as prioridades de actuación destinadas a lograr os obxectivos nos ámbitos de intervención pertinentes, que recibirán axuda en consonancia cos obxectivos xerais e específicos. Os documentos de estratexia adoptaranse de acordo co marco de asistencia e terán debidamente en conta as estratexias nacionais pertinentes.
Os documentos de estratexia incluirán a asignación indicativa de fondos da Unión por ámbito de intervención, se procede, desagregada por ano, e permitirán que se atendan as necesidades emerxentes, sen prexuízo da posibilidade de combinar a axuda en diferentes ámbitos de intervención. Os documentos de estratexia incluirán os indicadores para avaliar os avances en relación coa consecución dos obxectivos establecidos neles.


A axuda da Unión aplicarase de maneira directa, indirecta ou compartida mediante os programas e medidas e conforme ás normas específicas. A aplicación materializarase, en principio, en forma de programas anuais ou plurianuais, nacionais ou plurinacionais, así como de programas de cooperación transfronteiriza establecidos conforme aos documentos de estratexia elaborados polos países beneficiarios e/ou pola Comisión, segundo proceda.


A Comisión levará a cabo unha avaliación anual da execución dos documentos de estratexia e de se se mantén a súa vixencia a tenor da evolución do marco político. A Comisión informará o comité do resultado da devandita avaliación, e poderá propoñer revisións dos documentos de estratexia. Os documentos de estratexia tamén serán obxecto dun exame intermedio e revisaranse segundo proceda


Enlaces de Interese

Contacto

Directorate General European Neighbourhood Policy and Enlargement Negotiations (DG NEAR)
Rue de la Loi 15/Wetstraat 15
1049 Bruxelles/Brussel
Belgique
Tel: +32 229-91111 (Switchboard)
Internet: http://ec.europa.eu/enlargement

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante