Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
COPERNICUS
2014-2020
Copernicus ten por obxecto proporcionar a Europa un acceso continuo, independente e fiable aos datos e á información que resultan da observación e vixilancia da terra. O investimento da UE pretende encher as lagoas neste ámbito de observación mediante o acceso aos recursos existentes e o desenvolvemento dos servizos operativos.
Copernicus está estruturado en seis servizos de vixilancia: mariña, atmosférica, terrestre e máis os relativos ao cambio climático, a xestión de emerxencias e a seguridade civil.
En cada un destes servizos de vixilancia, o programa financiará o seguinte tipo de accións:
As actividades propias dos servizos de vixilancia;
Actividades de desenvolvemento tendentes a mellorar a calidade e o rendemento dos servizos operativos;
Actividades de apoio para favorecer a utilización dos servizos operativos por parte dos usuarios e das aplicacións derivadas, así como actividades de difusión e comunicación.
O programa está aberto á participación de todos os Estados membros da UE, podendo establecerse acordos cos países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC), os países candidatos, así como os países candidatos potenciais e Suíza. Ademais, os terceiros países e as organizacións internacionais poderán proporcionar axuda financeira ao programa.
3.700 millóns de euros. Unha pequena parte do programa será executada mediante subvencións e contratación pública.
Dirección Xeral de Empresa e Industria (DG ENTR)
Avenue d’Auderghem 45, 1040 Bruxelas. Bélxica
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante