Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA DE FORMACIÓN DE EXECUTIVOS EN XAPÓN E COREA (ETP)
O obxectivo estratéxico do ETP xaponés e coreano é fortalecer a presenza de empresas europeas nestes mercados.
Máis especificamente preténdese crear un núcleo de executivos europeos dotados de habilidades lingüísticas, culturais e de negocio, así como dos coñecementos necesarios para operar nos mercados xaponés e coreano. Os executivos que cursen o programa ETP deben ser capaces, á súa volta, de orientar ás súas organizacións sobre como penetrar ou consolidar posicións nestes mercados.
O programa impártese durante un período de 45 semanas que se dividen en tres módulos:
Un módulo de iniciación de tres semanas no Reino Unido.
Un módulo de inmersión de 30 semanas en Xapón e Corea.
Prácticas durante 12 semanas nunha empresa xaponesa ou coreana.
O ciclo ETP conclúe cun período de dúas semanas no que se celebran as probas finais.
A Comisión Europea asume:
Os custos dos cursos, seminarios e actividades realizadas.
Os gastos de vivenda.
Os gastos de manutención.
O programa de formación de executivos está dirixido tanto a executivos como a empresas da UE cunha clara disposición para facer negocios en Xapón e Corea.
Requisitos mínimos para os executivos da UE:
Ser cidadán dun estado membro da UE.
Ser empregado dunha empresa patrocinadora desde hai polo menos un ano.
Demostrar un excelente dominio do Inglés.
Non participar anteriormente no programa.
Ter un título universitario dun mínimo de tres anos de duración e tres anos de experiencia profesional como executivo, ou ben ter dous anos de formación superior e cinco anos de experiencia como executivo.
Requisitos mínimos para as empresas da UE:
Ter exportacións ou investimentos en Xapón ou Corea, ter plans para desenvolver exportacións ou investimentos nun dos países ou prestar apoio a empresas europeas para o desenvolvemento de exportacións ou investimentos a Xapón e Corea.
Ter a súa sede, as súas oficinas centrais e producir os seus bens ou servizos na UE, así como posuír unha identidade europea.
Empregar a un mínimo de cinco acodes e ter unha facturación anual de polo menos 500.000 €.
Comprometerse a contribuír cunha parte dos gastos de manutención dos participantes durante todo o programa.
Comprometerse a manter o vínculo laboral co participante durante o programa.
Proporcionarase unha bolsa de 24.600 euros para Xapón e 24.000 euros para Corea para cada participante.
O programa consta de convocatorias anuais. A solicitude cubrirase de forma electrónica.
EU-Japan Centre
Office in
Europe Rue Marie de Bourgogne 52. 1000 Bruxelas. Bélxica
+32 (0)2 282 00 40
office@eu-japan.eu
Head Office in Japan
Round-Cros Ichibanchou 4F
13-3 Ichibancho. Chiyoda-ku. Tokio 102-0082 Xapón
+81 (0)3 3221 6161
Delegación dá Unión Europea en Xapón:
Ms Aki Taniguchi, ETP Programme Coordinator, Trade Section
Teléfono directo: +81 (0)3-5422-6041. Aki.taniguchi@eeas.europa.eu
Europa House, 4-6-28 Minami-Azabu, Minato-ku, Tokyo 106-0047
Central: +81 (0)3-5286-8862. Secretariatinfo@euetp.eu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante