Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
GALILEO E EGNOS
2014 - 2020
Estes programas pretenden fomentar o desenvolvemento de aplicacións e servizos baseados nos sistemas europeos de radionavegación por satélite. O sistema resultante do programa Galileo será un sistema civil baixo control civil e unha infraestrutura autónoma do sistema mundial de radionavegación por satélite (GNSS) consistente nunha constelación de satélites e unha rede mundial de estacións terrestres. Pola súa parte, o sistema EGNOS será un sistema europeo de radionavegación por satélite e unha infraestrutura que controlará e corrixirá os sinais abertos emitidos polos sistemas mundiais de radionavegación por satélite existentes, así como as do servizo aberto ofrecido polo sistema establecido no marco do programa Galileo. Constará de estacións terrestres e de varios transpondedores instalados en satélites xeoestacionarios.
Actividades asociadas coa investigación e o desenvolvemento de elementos fundamentais tales como conxuntos de circuítos integrados e receptores compatibles con Galileo;
Actividades de preparación, seguimento,control, auditoría e avaliación necesarias para a xestión dos programas e a realización dos seus obxectivos específicos. En concreto: os estudos e as reunións de expertos, accións de formación e comunicación, redes de tecnoloxías da información cuxo obxectivo sexa o tratamento ou o intercambio de información, e calquera outra axuda técnica ou administrativa prestada á Comisión para a xestión dos programas.
A dotación financeira para o establecemento das actividades, así como os riscos asociados a estas, é de 7.071,73 millóns de euros en prezos correntes. O Parlamento Europeo e o Consello autorizarán os créditos anuais dentro destes límites.
O importe total divídese nas seguintes categorías de gasto:
Finalización da fase de despregamento do programa Galileo: 1.930 millóns de euros;
Fase de explotación do programa Galileo: 3.000 millóns de euros;
Fase de explotación do programa EGNOS: 1.580 millóns de euros;
Xestión e seguimento dos programas Galileo e EGNOS: 3.561,73 millóns de euros.
Os Estados membros poderán solicitar achegar fondos adicionais aos programas Galileo e EGNOS co fin de abranguer elementos adicionais en casos particulares. Os terceiros países e as organizacións internacionais tamén poderán achegar fondos adicionais.
Comisión Europea, Dirección Xeral de Empresa e Industria (DG ENTR)
Avenue d’Auderghem 45, 1040. Bélxica
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante