Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

HÉRCULES III

Base Legal

Regulamento (UE) nº 250/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014, polo que se establece un programa para promover actividades no campo da protección dos intereses financeiros da Unión Europea (Programa Hércules III)

Duración

2014 - 2020

Obxectivos

• Protexer os intereses financeiros da Unión, mellorando así a competitividade da economía europea e garantindo a protección do diñeiro do contribuínte.

• Previr e combater a fraude, a corrupción e calquera outras actividades ilegais contra os intereses financeiros da Unión.

Eidos de actuación

O programa proporcionará apoio financeiro ás seguintes accións:

a) Subministración de asistencia técnica especializada ás autoridades nacionais das seguintes maneiras:

• proporcionando coñecementos específicos, equipo especializado e tecnicamente avanzado e ferramentas efectivas de tecnoloxía da información (TI) que faciliten as investigacións, a cooperación transnacional e a cooperación coa Comisión;

• apoiando a capacidade dos Estados membros de almacenar e destruír cigarros confiscados, así como servizos analíticos independentes para a análise dos cigarros confiscados;

• mellorando os intercambios de persoal para proxectos específicos, particularmente na loita contra o contrabando e a falsificación de tabaco;

• desenvolvendo unha capacidade de tecnoloxía da información nos Estados membros e terceiros países, incrementando o intercambio de datos, desenvolvendo e subministrando ferramentas de TIC para investigacións, e supervisando as tarefas de información.

b) Organización de formación especializada e talleres de formación en análise de risco, así como conferencias, con vistas a:

• intercambiar experiencia entre as autoridades pertinentes dos Estados membros e terceiros países, así como os representantes de organizacións internacionais, incluídos os servizos especializados con funcións coercitivas; e coordinar as actividades dos Estados membros, terceiros países e organizacións públicas internacionais;

• divulgar coñecementos e apoiar as actividades de investigación de alto nivel, particularmente para unha mellor identificación do risco para os efectos de investigación;

• mellorar a cooperación entre as persoas que traballan sobre o terreo e as que realizan un traballo teórico, sensibilizando aos xuíces, maxistrados e outras profesións xurídicas sobre a protección dos intereses financeiros da Unión.

c) Calquera outra acción, disposta polos programas de traballo anuais, que sexa necesaria para alcanzar os obxectivos xerais e específicos do programa.

Destinatarios

Poderán recibir financiamento da Unión en virtude do programa os seguintes organismos:

a) as administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro ou dun terceiro país, que promovan o reforzo da acción a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros desta;

b) os institutos de investigación e ensino e as entidades sen ánimo de lucro, sempre que fosen establecidos e operasen como mínimo durante un ano nun Estado membro ou nun terceiro país, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros desta.

Financiamento

A dotación orzamentaria é de 110.000.000 euros en prezos correntes.

O financiamento da Unión adoptará a forma de:

a) Subvencións;

b) Contratación pública;

c) Reembolso dos gastos pola participación en actividades con cargo aos programas a cargo dos representantes de terceiros países e de organizacións internacionais.

A adquisición de equipo non constituirá o único compoñente do acordo de subvención.

A porcentaxe de cofinanciamento para as subvencións concedidas con cargo ao programa non superará o 80% dos gastos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, definidos polo programa de traballo anual, a porcentaxe de cofinanciamento poderá chegar ao 90% dos gastos subvencionables.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Oficina de Loita contra a Fraude (OLAF)

Dirección D - Elaboración de Políticas, Prevención da Fraude, Relacións Interinstitucionais e Exteriores, Análise Estratéxica, Informes, Operacións Conxuntas, Hércules, Pericles e Protección do Euro

Rue Joseph II 30, 1000 Bruxelas. Bélxica

+32 2295 04 11


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante