Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

XUSTIZA

Base Legal

DOUE L 354/73 Regulamento (EU) No 1382/2013 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 17 de decembro de 2013 polo que se establece o programa ”Xustiza” para o período de 2014 a 2020

Duración

2014-2020

Obxectivos

• Facilitar e protexer a cooperación xudicial en materia civil e penal;

• Apoiar e promover a formación xudicial, incluída a formación lingüística sobre terminoloxía xurídica, con miras a fomentar unha cultura xurídica e xudicial común;

• Facilitar un acceso efectivo á xustiza para todos, incluíndo a promoción e o apoio aos dereitos das vítimas de delitos, á vez que se respectan os dereitos da defensa;

• Protexer as iniciativas en materia de drogas no que se refire á cooperación xudicial e nos aspectos de prevención da delincuencia,

Eidos de actuación

• Actividades analíticas, como a recollida de datos e estatísticas; desenvolvemento de metodoloxías comúns; estudos, investigacións, análises e enquisas; avaliacións; elaboración e publicación de guías, informes e material educativo; talleres, seminarios, reunións de expertos e conferencias.

• Actividades de formación, como intercambios de persoal, talleres, seminarios, formación de formadores e desenvolvemento de ferramentas de formación en liña.

• Aprendizaxe mutua, cooperación, actividades de sensibilización e difusión, tales como a identificación e o intercambio de boas prácticas, enfoques e experiencias innovadores; organización de conferencias, campañas de información; compilación e publicación de material divulgativo sobre o Programa e os seus resultados e un maior desenvolvemento do Portal Europeo de Xustiza como instrumento para mellorar o acceso dos cidadáns á xustiza.

• Apoio aos principais axentes cuxas actividades contribúan á consecución dos obxectivos do Programa; apoio aos axentes europeos clave e ás principais redes europeas e apoio ás actividades de creación de redes a escala europea entre organismos e entidades especializados.

Destinatarios

A participación no Programa estará aberta ós Estados membros, os países do Espazo Económico Europeo, os países candidatos, e os países en vías de adhesión á Unión Europea. Os organismos e entidades con ánimo de lucro só poderán acceder ao Programa xunto con organismos sen ánimo de lucro ou organismos públicos. A participación no Programa estará aberta ás organizacións internacionais que traballen nos ámbitos cubertos polo Programa.

Financiamento

O orzamento global para o período 2014-2020 será de 377 604 000 euros.

Asignaranse cantidades a cada obxetivo establecido da seguinte forma: 30% da dotación financeira para a mellora da cooperación xudicial; 35% para o apoyo e promoción da formación xudicial; 30% para a facilitación dun acceso efectivo á xustiza e 5% para materia de drogas e cooperación xudicial.

Comentarios

As convocatorias de propostas teñen periodicidade anual. Os criterios de admisibilidade, selección e concesión para seleccionar as propostas establécense en programas anuais de traballo, adoptados pola Comisión.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea

DX de Xustiza, Liberdade e Seguridade

Unidad E4. Apoyo financiero

Oficina LX-46 7/49

Avenue du Bourget 1

B-1040 - Bruselas

Fax: 32-2-299 82 15

JLS-Criminal-Record@ec.europa.eu

Correo electrónico: JLS-Criminal-Record@ec.europa.eu

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante