Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA DE CIENCIA E TECNOLOXÍA EN MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Environmental and Climate Change-Related Research and Technology EEA Grants Spain (ESO2)
Ata o 30 de abril de 2017
O Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo 2009-2014 (MFEEE) ten como obxectivo financiar distintos programas co fin de reducir as desigualdades económicas e sociais dentro do Espazo Económico Europeo (EEE) e fortalecer as relacións bilaterais entre os países doadores (Islandia, Liechtenstein e Noruega) e os beneficiarios (determinados Estados da UE, entre os que se encontra España neste período).
Obxectivos:
• Promover a investigación, desenvolvemento e innovación da industria española nos sectores prioritarios de cambio climático e enerxías renovables.
• Impulsar a eficiencia económica na Comunidade Europea para alcanzar o máximo nivel de I+D+i.
• Fomentar as relacións bilaterais entre España e os países doadores.
Sectores obxectivo: enerxías renovables, eficiencia enerxética, medio e cambio climático.
Financiamento de proxectos de I+D de empresas españolas seleccionados a través dunha convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva.
Socio dos países doadores: Innovation Norway
Estados Doadores: Noruega, Islandia e Liechtenstein.
100 millóns de euros en proxectos de I+D empresarial, dos que o Mecanismo Financeiro achega 18.215.000 euros en subvención e o CDTI o resto en forma de créditos brandos.
España recibe un investimento total de máis de 42 millóns de euros, dos cales 18.215.000 euros foron asignados ao Programa para a Ciencia e Tecnoloxía en Medio e Cambio Climático. Este presuposto compleméntase cunha contribución procedente do Organismo da Administración Pública española, CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial), en forma de créditos brandos. Prevese que o financiamento destes proxectos empresariais de I+D mobilice un presuposto superior aos 100 millóns de euros.
Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)
Departamento de Enerxía, Transporte, Manufacturación e Sociedade Dixital.
Teléfono: +34 915810707. Correo Electrónico: dptoetfsd@cdti.es
Departamento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais.
Teléfono: +34 915815502. Correo Electrónico: dptosbcrn@cdti.es
Socios potenciais de Estados doadores poden contactar con Innovation Norway (Socio Doador)
Teléfono: +34 913440987. Correo Electrónico: robal@innovationnorway.no
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante