Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
ERASMUS+
2014-2020
Os obxectivos do programa enmárcanse dentro da Estratexia ”Europa 2020” para o crecemento da UE en la próxima década e da Estratexia ”Educación e Formación 2020” (ET 2020) para a cooperación europea no eido da educación e a formación. En concreto búscase:
Lograr un aumento do 32% ao 40% de la poboación con titulacións de educación superior.
Reducir a taxa de abandono escolar do 14% a menos do 10%.
Lograr que un 15% de adultos (25-64 anos) participe en programas de aprendizaxe ao longo da vida.
Favorecer a mobilidade durante o aprendizaxe: un incremento do 20% en Educación Superior e un 6% en Formación Profesional inicial.
Erasmus+ comprende tres accións chave e tres accións específicas:
ACCIÓN CHAVE 1. MOBILIDADE PARA A APRENDIZAXE
Mobilidade do persoal. Fomenta a mobilidade de profesores, monitores e demais persoal docente con fins de aprendizaxe e intercambio de boas prácticas.
Os requisitos son os seguintes: en canto á duración , entre países do programa será de entre 2 días e 2 meses (sen contar a viaxe). Debe terse en conta que a mobilidade de persoal é sempre inferior a dous meses e, no caso dos profesores, o número mínimo de horas de docencia é de 8 á semana.
Ademais, ínstase ao persoal de empresas privadas a que participe para impartir clases en centros de ensinanza superior.
Mobilidade de estudantes. Inclúe tódolos niveis de educación superior (ciclo curto, grao, mestrado, doutoramento) pero só aos recentemente graduados. En canto á duración , no caso de estudos será de 3 a 12 meses e no caso de prácticas , de 2 a 12 meses (non inclúe aos países socios nos primeiros dous anos).
Cada estudante pode desfrutar de ata 12 meses de estadía en cada ciclo de estudios.
A contía da bolsa varía en función de varios factores (o custo de vida no país, se se trata de países/ rexións remotas, o tipo de mobilidade, as necesidades especiais e a procedencia de contornas desfavorecidas). Téñense en conta tamén as prioridades da política exterior da UE.
As institucións de educación superior poden solicitar as axudas individualmente ou como parte dun consorcio tanto para enviar estudantes a países do programa como para enviar e recibir estudantes a/de países socios.
Movilidade para cursar un mestrado no marco de titulacións conxuntas ou dobles graos. Son impartidos por un consorcio de centros de educación superior da UE e, nalgúns casos, de países asociados ao programa.
Concédense bolsas aos mellores estudantes de mestrado de todo o mundo, dándose prioridade aos estudantes de fóra da UE.
Promóvese tamén a participación de académicos estranxeiros ou profesores invitados.
Dáse preferencia ás titulacións conxuntas pero non son obrigatorias (tamén admítense dobles graos ou graos múltiples ).
Esta parte está xestionada por a Axencia Executiva desde Bruxelas.
Prevese que participen no programa 25.000 estudantes ao longo de sete anos.
Sistema de préstamos para másters. A través do Banco Europeo de Inversións (BEI), a Comisión traballa cunha serie de entidades financeiras nos Estados membros para que os alumnos que desexen cursar un mestrado no estranxeiro poidan solicitar un préstamo en condicións favorables.
Montante máximo: 12.000€ para os mestrados dun ano e 18.000€ para os mestrados de dous anos.
Os estudantes deben solicitar o préstamo aos bancos nacionais participantes ou a axencias de préstamos estudantís do seu país de orixe ou do país no que queren cursar o mestrado.
Só poden participar estudantes dos países do programa.
Actualmente conceden os préstamos bancos de España, Francia e o Reino Unido a estudantes destes países que vaian realizar estudos de posgrao no estranxeiro e a estudantes doutros países do programa que vaian cursar un mestrado en España, Francia ou o Reino Unido.
MicroBank (estudantes españois ou estudantes que van cursar o mestrado en España).
Banque Populaire / Caisse d’Epargne (estudantes franceses ou estudantes que van cursar o mestrado en Francia).
Future Finance (estudantes británicos ou estudantes que van cursar o mestrado en Reino Unido).
Iranse engadindo destinos para estudos de posgrao a medida que se vaian incorporando ao sistema bancos doutros países de Europa. Está previsto que en 2020 se teñan incorporado de 20 a 25 bancos.
Asociacións estratéxicas. O seu obxectivo é fomentar a cooperación entre os centros de educación superior e os actores clave para contribuír a lograr os obxectivos da Axenda de Modernización da Educación Superior
Alianzas para o coñecemento. O obxectivo é promover a creación de asociacións estruturadas e duradeiras entre o sector privado e o mundo académico para fortalecer a capacidade de innovación de Europa, estimular o emprendemento, fomentar o intercambio de coñecemento entre o sector privado e os centros de educación superior e promover a excelencia. Os criterios de participación:
Alianzas para as competencias sectoriais
Están deseñadas para abordar as competencias, conxugando o sistema educativo de Formación Profesional (VET, polas súas siglas en inglés) coas necesidades do mercado laboral. Isto faise para:Os proxectos de Desenvolvemento de Capacidades son proxectos de cooperación transnacionais baseaos fundamentalmente en asociación multilaterais entre institucións de educación superior de países do programa e de países asociados admisibles. Poden tamén incluír socios non académicos para estreitar os vínculos coa sociedade e as empresas.
Cooperación con terceiros países. Comprende dous tipos de proxectos (proxectos conxuntos e proxectos estruturais) cos países da ampliación e da política de veciñanza, Rusia, Asia, América Latina, África, Caribe e Pacífico (ACP). O obxectivo é fomentar a adquisición de capacidades nos terceiros países)
Creación de plataformas informáticas, como o e-Twinning.
Promove accións destinadas a estimular o desenvolvemento de políticas innovadoras e o intercambio de coñecemento no eido da educación, a formación e a xuventude para lograr os obxectivos das axendas políticas europeas como a Estratexia Europa 2020, o ET2020 e a Estratexia Europea para a Xuventude. A maioría de accións xestiónanse desde Bruxelas na Axencia Executiva (EACEA) e non se enmarcan na convocatoria anual de propostas, senón que se publican convocatorias específicas.
Entre as distintas accións que financia, podemos destacar os diálogos estruturados, que son reunións entre mozos e responsables da toma de decisións no eido da xuventude, e as iniciativas a favor da innovación política, que teñen por obxectivo desenvolver novas políticas ou preparar a súa posta en práctica. No marco destas iniciativas a favor da innovación política ábrense convocatorias específicas para levar a cabo proxectos de cooperación con visión de futuro sobre o desenvolvemento político innovador. Estes son proxectos a grande escala propostos e xestionados polos principais actores interesados con capacidade para influír a axenda política da UE e de ter un impacto a longo prazo.
Deporte
Iniciativa Jean Monnet
Módulos académicos, Cátedras e Centros de Excelencia para intensificar a incorporación dos estudos sobre integración europea nos plans de estudos oficiais das institucións de educacións superior.
Debates políticos co mundo académico, a través de redes para mellorar a cooperación entre universidades e de proxectos de innovación e difusión de contidos da UE.
Apoio a asociacións para organizar e levar a cabo actividades sobre os estudos da UE.
Mocidade
O programa destínase a todos os ámbitos educativos así como a institucións e organizacións: Ámbitos educativos Institucións e organizacións
: Mozos entre 13 e 30 anos, xa sexan estudantes de ensino superior, estudantes de mestrado, estudantes de formación profesional, mozos traballadores e novos voluntarios. Tamén se inclúe mestres, profesores, formadores e demais persoal do sector educativo.
O orzamento é de 14.700 millóns de euros. A acción clave 1 recibirá o 63% do orzamento, a acción clave 2 o 28% e a acción clave 3 o 4,2%.
Erasmus+ supón un incremento nun 40% do orzamento en comparación cos 7 programas anteriores que agora se integran nun programa único. Así mesmo lévase a cabo unha simplificación na xestión e unha menor redución da complexidade grazas á concentración das actividades en accións clave.
Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE)
C/ General Oraa, 55.
28006, Madrid
Tel: (+34) 91 550 67 18
Email: sepie@sepie.es
Axencia Nacional Española da Mocidade (INJUVE)
C/ José Ortega y Gasset, 71
27 006, Madrid
Tel: (+34) 91 272 78 12
E-mail: juventudenaccion@injuve.es
Axencia Executiva de la Comisión Europea de Educación, Cultura e Audiovisual (EACEA)
Avenue Bourget 1, B-1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
E-mail: EACEA-Erasmus-Mundus@ec.europa.eu
Ligazóns de interese*
SEPIE http://sepie.es/
Guía del Programa Erasmus+ http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-
plus/sites/erasmusplus/files/files/resources/erasmus-plus-programme-guide_en.pdf
Axencia Executiva de la Comisión Europea de Educación, Cultura e Audiovisual (EACEA) http://eacea.ec.europa.eu/index_en.php
Páxina web do Programa Erasmus+ http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/node_es
24/10/2018 -
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante