Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
HORIZONTE 2020
2014-2020
O obxectivo xeral de Horizonte 2020 é contribuír á construción dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a Unión mobilizando un financiamento adicional suficiente nos ámbitos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Deste xeito, apoia a aplicación da estratexia Europa 2020 e outras políticas da Unión, así como a realización e o funcionamento do Espazo Europeo de Investigación (EEI).
Este obxectivo xeral perséguese a través de tres prioridades -cada unha cos seus obxectivos específicos- que se reforzan mutuamente e están dedicadas a:
Ciencia excelente: aspira a reforzar e ampliar a excelencia da base científica da Unión, así como a consolidar o Espazo Europeo de Investigación para facer que o sistema de investigación e innovación da Unión resulte máis competitivo a escala mundial.
Liderado industrial: ten por obxecto acelerar o desenvolvemento das tecnoloxías e innovacións que sustentarán as empresas do mañá e axudar ás pymes innovadoras europeas a converterse en empresas líderes no mundo.
Retos sociais: responde directamente ás prioridades políticas e retos sociais expostos na estratexia Europa 2020 e proponse estimular a masa crítica de esforzos de investigación e innovación necesaria para alcanzar os obxectivos políticos da Unión.
Consello Europeo de Investigación (CEI): proporciona un financiamento atractivo e flexible para permitir a investigadores de talento e creativos e aos seus equipos explorar as alternativas máis prometedoras nas fronteiras da ciencia, sobre a base da competencia a escala da Unión.
Tecnoloxías Futuras e Emerxentes: apoia a investigación en colaboración a fin de ampliar a capacidade de Europa para realizar unha innovación avanzada, capaz de modificar os paradigmas actuais. Fomenta a colaboración científica entre disciplinas sobre ideas radicalmente novas e de alto risco, ademais de acelerar o desenvolvemento dos campos emerxentes máis prometedores da ciencia e a tecnoloxía, así como a estruturación en toda a Unión das comunidades científicas correspondentes.
Accións Marie Skłodowska-Curie: proporciona unha formación en investigación excelente e innovadora, así como oportunidades atractivas de carreira profesional e intercambio de coñecementos, a través da mobilidade transfronteiriza e transectorial dos investigadores, a fin de preparalos optimamente para facer fronte aos retos sociais presentes e futuros.
Infraestrutura de investigación: desenvolve as infraestruturas de investigación europeas de primeira clase accesíbeis para todos os investigadores en Europa e máis aló.
Liderado Industrial
Liderado en tecnoloxías industriais e de capacitación: presta un apoio específico á investigación, desenvolvemento e demostración nos ámbitos das TIC, a nanotecnoloxía, os materiais avanzados, a biotecnoloxía, a fabricación e transformación avanzadas, e o espazo. Farase fincapé na interacción e converxencia das diferentes tecnoloxías.
Acceso ao financiamento de risco: proponse superar os déficits na dispoñibilidade de financiamento de débeda e de capital para as empresas e os proxectos de I+D impulsados pola innovación en tódalas fases de desenvolvemento. Xunto co instrumento de capital do Programa de Competitividade das Empresas e as Pemes (COSME), apoia o desenvolvemento do capital-risco a nivel europeo.
Innovación nas pemes: fomenta todas as formas de innovación nas pemes, centrándose nas que teñan potencial para crecer e internacionalizarse no mercado único e fóra del.
saúde, cambio demográfico e benestar;
seguridade alimentaria, agricultura sostíbel, investigación mariña e marítima e bioeconomía;
enerxía segura, limpa e eficiente;
transporte intelixente, ecolóxico e integrado;
acción polo clima, eficiencia dos recursos e materias primas;
Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas.
Sociedades seguras - Protexer a liberdade e a seguridade de Europa e dos seus cidadáns.
Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.
O orzamento total do programa Horizonte 2020 é de 77.028 millóns de euros para o período 2014-2020. O reparto efectúase da seguinte forma:
Horizonte 2020 é moito máis que os tres alicerces principais. Hai temas horizontais que contan co seu propio orzamento, como Ciencia con e para a Sociedade ou Difundindo a excelencia e ampliando a participación, que non se engloban en ningún dos alicerces e polo tanto necesitan o seu propio apartado.
Horizonte 2020 tamén é o Centro Común de Investigación (JRC) e o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) que xogarán un papel importante no novo Programa de Investigación e Innovación da Unión Europea.
Puntos nacionais de contacto:
Javier García Serrano
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, España
+34 91 581 55 66
Javier.garcia@cdti.es
Almudena Agüero Prieto
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Albacete 5ª planta norte, despacho 4, 28027, Madrid, España
+34 91 603 79 51
agentesh2020@mineco.es
Punto de axuda da Comisión Europea aquí
09/02/2018 - LC-SFS-19-2018-2019: Climate-smart and resilient farming
05/04/2018 - CSA para Iniciativa lighthouse en Mobilidade.E
05/04/2018 - Lighthouse Initiative Industry4.E
30/05/2018 -
21/01/2019 - SwafS-16-2019: Ética da innovación: o desafío dos novos modos de interacción.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante