Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP
Período 2007-2013.
O programa CIP (Competitiveness and Innovation Framework Programme) aglutina as actuacións comunitarias que sexan implementadas no eido da empresa, pemes, competitividade industrial, innovación, desenvolvemento e utilización das Tecnoloxías de Comunicación e Información (TICs), tecnoloxías medioambientais e enerxía intelixente.
Divídese en tres apartados: o Programa Enerxía Intelixente Europa (IEE), o Programa de Apoio ás TIC, e o programa para a Iniciativa Empresarial e a Innovación.
Os seus obxectivosson os seguintes:
fomentar a competitividade das empresas e, en especial, das pequenas e medianas empresas (pemes).
promover a innovación, incluída a innovación ecolóxica.
acelerar o desenvolvemento dunha sociedade da información competitiva, innovadora e inclusiva.
promover a eficiencia enerxética e as fontes de enerxía novas e renovables en todos os sectores, incluído o transporte.
O Programa para a Iniciativa Empresarial e a Innovación (EIP), como parte do CIP, presta atención ás actividades que foron dispersadas previamente sobre os programas plurianuais de emprego (MAP), as actividades para a competitividade industrial e a eco-innovación (incluíndo tecnoloxías ambientais) do programa de Medio Ambiente LIFE.
Deste modo, proporcionará financiamento ás empresas para innovar; compartir os riscos de investir nas mesmas e incentivar o investimento privado para a creación de novas empresas innovadoras e para apoiar ás empresas cun alto potencial de crecemento en fase de expansión para compensar, en parte, a falta de capital propio.
Grazas a este programa, as pemes disporán dun acceso simple, claro e eficaz á información e consellos relativos ás actividades e políticas da Unión Europea que lles afecten mediante as redes de apoio ás empresas como determinados Euro Info Centros (CIE) e Centros Enlaces Innovación (IRC) existentes que farán de ”xanela única”.
Este subprograma incluirá as seguintes accións:
acceso ao financiamento para a posta en marcha e o crecemento das pemes e para o investimento en actividades de innovación, incluída a innovación ecolóxica.
creación dunha contorna favorable para a cooperación das pemes.
innovación nas empresas, abranguendo a innovación ecolóxica.
iniciativa empresarial e a cultura da innovación.
reforma económica e administrativa relacionada coa empresa e a innovación.
As prioridades do subprograma serán implementadas a través de:
a) novos instrumentos financeiros: mecanismo para as pemes innovadoras e de rápido crecemento (MIC).
b) mecanismo de garantía para as pemes e un sistema de desenvolvemento de capacidades.
c) servizos de axuda ás empresas e á innovación, diálogo e cooperación empresarial.
d) servizos de innovación, tecnoloxía e transferencia de coñecementos.
e) servizos que estimulen a participación das pemes no Programa Marco comunitario de IDT.
f) instrumento de apoio á innovación empresarial.
g) análise, desenvolvemento e coordinación das políticas cos países participantes.
h) irmandamento entre autoridades a escala nacional e rexional.
Son destinatarios deste programa as pemes e/ou autoridades públicas. Está aberto á participación dos países dos Estados membros, os países da AELC que son membros do EEE, os países candidatos e os países dos Balcáns occidentais. Os terceiros países poderán participar no programa cando os acordos así o permitan.
O orzamento total do programa é de 3.621 millóns de euros, dos que 2.172 millóns de euros serán para o CIP EIP, que conta cun apartado específico para o fomentar da innovación ecolóxica.
Comisión Europea
DX Empresa e Industria
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Fax: +32 (0) 2 298 79 50
E-mail: entr-cip@ec.europa.eu
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante